Concellería de Formación e Emprego
|
|
 |
|
Andrés Pérez Pérez
Enderezo.: Ricardo Sánchez
Telf.: 981 433 815 , Fax.: 981 433 848
E-mail.: Pontedeume@foremdes.org |
Novedades
CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARAS AS PROBAS DOS NIVEIS CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia vén de anunciar a convocatoria pública para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 do ano 2011 para particulares e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.
A convocatoria está dirixida aos seguintes destinatarios:
a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos programados que se celebrarán en distintas localidades das 4 provincias determinadas pola Xunta de Galicia nesta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar no curso.
Tod@s @s interesad@s nestes cursos pódense dirixir ao Servizo municipal de Normalización do Concello (edificio de Servizos Sociais, avda. do Peirao s/n. Pontedeume), en horario de 9.00 a 11.00 h. e de 12.00 a 14.00 h. de luns a xoves para:
1. Información sobre esta convocatoria
2. Xestión de inscricións de particulares nos cursos xa programados pola Xunta de Galicia nas localidades determinadas na orde de convocatoria. O prazo para estes efectos remata o día 28 de febreiro.
3. Preinscrición para realización dos cursos no Concello de Pontedeume, cuxa organización queda supeditada á existencia dun colectivo de cando menos 20 persoas inscritas por curso neste Concello e á súa posterior concesión pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.O prazo para estes efectos remata o día 23 de febreiro
Listado de Cursos Solicitados:
- CREACIÓN E XESTIÓN DE EMPRESAS: AUTOEMPREGO
- APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN
- INGLÉS: ATENCIÓN AO PÚBLICO
- INGLÉS: XESTIÓN COMERCIAL
- DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS EN 2D E 3D
- GRAFISTA / MAQUETISTA
- CARPINTEIRO-EBANISTA ARTESÁN
- ELECTRICISTA INDUSTRIAL
- ELECTRICISTA DE MANTEMENTO
- INICIACIÓN Á REDE INTERNET
- INFORMÁTICA DE USUARIO
PDF de cursos para máis información
|