| Concello - Concellerías - Deportes | |||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||||||||||||||
Concellería de Deportes e Xuventude
ACTIVIDADES E HORARIOS DAS E.D.M. DE INVERNO 2011-12 :
-XOGOS MULTIDEPORTIVOS : 1 GRUPO
-PATÍN : 1 GRUPO
-PSICOMOTRICIDADE : 1 GRUPO
-XIMNASIA RÍTMICA E DEPORTIVA : 1 GRUPO
-ESCOLA DE XADREZ : 2 GRUPOS
-TIRO CON ARCO : 1 GRUPO
-TENIS : 2 GRUPOS
-IUDO : 2 GRUPOS
DANZA-AEROBIC : 1 GRUPO
-PILATES : 3 GRUPOS
-XIMNASIA DE MANTENEMENTO-RELAX :1 GRUPO
-BODY SPORTS
-XIMNASIA DE MAIORES : 1 GRUPO
-LIGA DE TENIS VETERANOS: O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o día 27 de setembro dos correntes. TORNEO DE TENIS ABERTO 2011 CONCELLO DE PONTEDEUME Dende o 27 de xullo ata o vindeiro día 11 do mes de agosto , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 8º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello . O torneo dividirase en 3 categorías : O número de xogadores participantes en cada categoría, será limitado e a inscrición será gratuíta ; si rematado o prazo de inscrición o número de inscritos é superior ao establecido, farase unha fase previa para obter o número de participantes. Para inscribirse deberán persoarse no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " de luns a venres, de 9 h. a 13,30 h., presentando o D.N.I O torneo, nas categorías de alevín-infantil, desenvolverase polo sistema de eliminatorias, e os emparellamentos xurdirán dun sorteo entre todos os participantes; non haberá cabezas de serie e o vencedor pasará á seguinte rolda. Os partidos desputaranse na Pista " ALCALDE SARMIENTO " de luns a venres, en horario a determinar, dependendo do número de inscricións. Coincidindo coas festas patronais desputaranse as SEMIFINAIS e a FINAL das dúas categorías, en datas e horarios por determinar. Desde este Servizo informase a todos os usuarios desta instalación que dende o día 16 de agosto e ata o remate do Torneo, queda totalmente prohibido o uso desta instalación nos horarios destinados ao desenvolvemento do Torneo; estes horarios estarán expostos no taboleiro de anuncios do Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " e na pista " ALCALDE SARMIENTO ". PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010 Como todos os anos por estas datas, o SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume ofertará para todos os interesados un amplio abanico de actividades deportivas que se desenvolverán no período vacacional do Nadal. Para poder participar nestas actividades haberá que facer unha preinscripción pois algunhas delas están limitadas en número de participantes, tanto en número mínimo de participantes como en máximo. Si cando remate o período de preinscrición non se cubren uns mínimos o concello reservase o dereito de suspender calquera das actividades ou torneos programados. PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010 As actividades deportivas programadas para nen@s pequen@s desenvolveranse en horario de mañá de 12 a 13,30 horas no Pavillón " A CASQUEIRA "; o patinaxe en xeo terá lugar na pista de xeo do Coliseum en A Coruña e os torneos celebraranse polas tardes no Pavillón " A CASQUEIRA " ; o Torneo de Tenis será polas mañás na pista cuberta do IES BREAMO. Para maior información e inscricións deben dirixirse á Oficina Administrativa do Servizo de Deportes , sita no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " ou ben telefonear ao Nº 981 433041. PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010 II TORNEO DE XADREZ " FRANCISCO ALLEGUE " Durantes os días 4-5 e 6 de presente mes de decembro, desputarase no interior das instalacións do Hotel Eumesa de Pontedeume o II TORNEO DE XADREZ " FRANCISCO ALLEGUE " organizado polo concello de Pontedeume. A competición desenvolverase en diferentes categorías, segundo as idades dos participantes : sub-8 ; Sub 10 ; Sub 12 ; Sub 14 ; Sub 16 ; Sub 18; Absoluta : Maiores de 18 anos. O Torneo iniciarase o sábado día 4 de decembro a partir das 11 horas e o remate está previsto para o vindeiro día 6 ás 18,30 horas, cando rematarán as partidas. A continuación tera lugar a entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e posteriormente, para rematar o evento,realizarase un sorteo de agasallos entre todos os participantes. Dende o concello infórmase a todos os cidadáns de que a entrada a este torneo é libre e gratuít, é decir, calqueira que quera poder asistir a observar o desenvolvemento da competición, eso sí, co respeto e silencio que require a situación, xa que a concentración dos participantes é fundamental neste xogo. ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2010-11 Unha vez rematadas as actividades correspondentes ao período vacacional de verán,( do 1 de xullo ao 30 de agosto ) incluídas na oferta das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE VERÁN 2010, e feito o balance de actividades e participación, dende o concello existe un alto grado de satisfación xa que se contempla con agrado que ano tras ano o índice de participantes nas diferentes actividades que se ofertan, increméntase notablemente, e para que a actividade física non cese , actualmente xa se está a ofertar unha nova programación deportiva cara á tempada de inverno : AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE INVERNO 2010/11, cuias actividades se levarán a cabo entre o 1º de outubroe finais do mes de maio do vindeiro 2011. Dende o concello de Pontedeume informase que dende o día 14 ata o día 30 deste presente mes de setembro, permanecerá aberto o prazo de preinscrición para participar nas Escolas Deportivas municipais de inverno 2010/11 . As actividades programadas para esta nova tempada, son as seguintes : -PATIN Recordar aos interesados que se trata de facer unha preinscrición e posteriormente se lles comunicará se teñen praza na actividade que pretenden participar. 7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume " Dende o día 17 de agosto estase a desputar o 7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume " na pista polideportiva " Alcalde Sarmiento " deste municipio. O Torneo divídese en 3 categorías, segundo as idades dos participantes : -ALEVÍNS de 9 a 11 anos. Os encontros se desputan por semana, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e dende as 17 horas ata o remate do último partido da xornada : polas mañás se xogarán os partidos das categorías ALEVÍN-CADETE e polas tardes os partidos de categoría SENIOR. Indicar que durante esas horas o uso da pista polideportiva será exclusivo para xogar os encontros do torneo. O resto de horas o uso da pista permanecerá aberto ao público. As rondas finais deste torneo se desputarán nas Festas das Peras. Dende o concello se valora de forma satisfactoria o acollemento que esta a ter este torneo, ano tras ano, xa que o índice de participación cada vez é máis elevado, que nesta edición alcanza o número de 53 xogadores entre as tres categorías. II TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS Nesta 2º edición participan as seguintes asociacións veciñais : -OMBRE -NOGUEIROSA -BOEBRE- -OLMO -A VILA Os partidos xogaranse no pavillón municipal " A CASQUEIRA " os xoves ás 20 e 21 horas e na pista polideportiva de Nogueirosa, os venres no mesmo horario, alternando o escenario cada semana. O sistema de competición e o dunha liguilla na que se enfrontan todos contra todos unha sola volta. Os catro primeiros equipos clasificados desputarán as semifinais e os vencedores destas xogarán a final. As semifinais e a final do torneo xogaranse os días das festas patronais " AS PERAS " . CALENDARIO DO TORNEO : 1ª XORNADA : 05-08 A A CASQUEIRA 2ª XORNADA :13-08 PISTA DE NOGUEIROSA 3ª XORNADA :19-08 A CASQUEIRA 4ª XORNADA : 27-08 PISTA DE NOGUEIROSA 5ª XORNADA : 02-09 A CASQUEIRA SEMIFINAIS : MARTES 7 DE SETEMBRO A CASQUEIRA 1ª SEMIFINAL : 1º CONTRA 4º CLASIFICADOS ás 21 horas. 2ª SEMIFINAL : 2º CONTRA 3º CLASIFICADOS ás 22 horas. FINAL : XOVES 9 DE SETEMBRO ás 21,30 horas. A CASQUEIRA TORNEO DE TENIS ABERTO 2010 CONCELLO DE PONTEDEUME Dende o luns 2 de agosto ata o vindeiro día 13 do mesmo mes , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 7º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello . O torneo dividirase en 3 categorías : -ALEVÍN : 9-10-11 anos. O número de xogadores participantes en cada categoría, será limitado e a inscrición será gratuíta ; si rematado o prazo de inscrición o número de inscritos é superior ao establecido, farase unha fase previa para obter o número de participantes. Para inscribirse deberán persoarse no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " de luns a venres, de 9 h. a 13,30 h., presentando o D.N.I, ou ben telefoneando ao Nº: 981433041 Os partidos desputaranse na Pista " ALCALDE SARMIENTO " de luns a venres, en horario a determinar, dependendo do número de inscricións. Coincidindo coas festas patronais desputaranse as Semifinais e a FINAL de todas as categorías, en datas e horarios por determinar. Desde este Servizo informase a todos os usuarios desta instalación que dende o día 16 de agosto e ata o remate do Torneo, queda totalmente prohibido o uso da mesma nos horarios destinados ao desenvolvemento do Torneo; estes horarios estarán expostos no taboleiro de anuncios do Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " e na pista " ALCALDE SARMIENTO ". Prazo inscrición actividades deportivas agosto 2010 O concello de Pontedeume informa a todos os usuarios intersados que dende o día 19 ata o 26 de xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar en calquera das actividade deportivas programadas cara ao verán 2010, durante o mes de agosto . Recordar ao mesmo tempo que o número de prazas é limitado en cada actividade e que para que estas se leven a cabo, é imprescindible acadar un número mínimo de asistentes. Para maior información e inscrición deben dirixirse ao Servizo de Deportes do concello, sito no pavillón municipal de deportes A CASQUEIRA ou ben telefonear ao número 981433041-607614764 Maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME Durante os días 16-17-18 de xullo, coincidindo coas festas do Carmen en Pontedeume, desputarase nas instalacións do pavillón municipal de deportes de Pontedeume, " A CASQUEIRA " unha nova edición do maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME, organizado pola asociación xuvenil " Amigos do Eume " e patrocinado polo concello de Pontedeume. Neste torneo participarán un elevado número de equipos, destacando o gran nivel competitivo dalgunha destas formacións participantes, prestixio ganado a pulso pola traxectoria amosada ao longo doutros torneos similares. Cabe destacar os premios que se entregarán aos primeiros clasificados, xa que aparte dos trofeos a organización aportará 3.500 € en metálico, distribuídos entre os 8 primerios clasificados. A organización " Amigos do Eume " convida a todos os interesados a que asistan e animen aos participantes para ver si entre todos somos capaces de facer unha festa do fútbol sala e ao mesmo tempo un torneo animado e moi competido no que sobre todo o demáis reine a armonía, o saber estar e o deporte. O prazo de inscrición para poder participar neste maratón, rematará o vindeiro mércores 14 de xullo. Para máis información telefonear aos nº de teléfono : 981433347-619347214 ( a calqueira hora ) Escolas Deportivas Municipais do Verán 2010 O concello de Pontedeume informa que dende o día 15 ata ás 10 horas do día 29 deste presente mes de xuño e agosto, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas municipais de verán e nas diversas actividades deportivas programadas cara o vindeiro mes de agosto : -PATIN -TORNEOS DE : fútbol sala de AA//VV -tenis de categorías inferiores ( de 7 a 15 anos ); tenis categoría seniors ( maiores de 16 anos ), etc... Recordar aos interesados que se trata de facer unha preinscrición e posteriormente se lles comunicará se teñen praza na actividade que pretenden participar. Se a demanda existente supera o número de prazas establecidas para cada actividade procederase a realizar un sorteo público ante a señora secretaria do concello o día 30 de xuño ás 11 horas na casa consistorial, de onde sairán os participantes definitivos en cada actividade, tendo preferencia os empadroados ou residentes no concello. Para máis información e preinscrición deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita na Avda da Mariña s/n ou ben telefonear ao número do Servizo : 607614764 e 981433041 en horario de mañá de 9,30 a 13,30 horas. ACTIVIDADES E HORARIOS DAS E.D.M DE VERÁN 2010 ACTIVIDADE: -PATÍN : 1 GRUPO : LUNS-MÉRCORES-VENRES de 13 a 14 horas. -XIMNASIA RÍTMICA :MARTES-XOVES de 12,30 a 13,30 horas. -TENIS : 3 GRUPOS: LUNS-MÉRCORES-VENRES de 10 a 13 horas. -XOGOS PREDEPORTIVOS : LUNS-MERCORES-VENRES de 11,30 a 12,30 horas. -ESCOLA MULTIDEPORTIVA : MARTES-XOVES de 11,30 a 12,30 h. -ESCOLA DE XADREZ : CENTRO DE XUVENTUDE : mércores de 12 a 13 horas. -PILATES PARA ADULTOS : MARTES-XOVES de 20,30 a 21,30 horas. -AEROBIC PARA ADULTOS : LUNS-MÉRCORES de 20,30 a 21,30 horas -XIMNASIA PARA MAIORES : MARTES-XOVES de 10 a 11 horas -PIRAGÜISMO:1 GRUPO : de LUNS A VENRES de 12,30 a 14 horas.
-ROTAS EN PIRAGUA : SENDEIRISMO : -MARCHAS CICLOTURISTAS . -TORNEO DE FÚTBOL SALA DE AA/VV : CASQUEIRA-PARROQUIAS -TORNEO ABERTO DE TENIS INFANTÍS : PISTA ALCALDE SARMIENTO -TORNEO ABERTO DE TENIS SENIORS: PISTA ALCALDE SARMIENTO Tanto as datas do torneo, como os horarios e os prazos de inscrición para participar nos mesmos, serán debidamente publicitados no seu momento. -TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS -TORNEO ABERTO DE TENIS : PISTA ALCALDE SARMIENTO -TORNEO ABERTO DE TENIS : PISTA ALCALDE SARMIENTO DEPORTE E IGUALDADE 06-06-2010 O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha a segunda edición do Día do Deporte na rúa en prol da Igualdade de xénero, que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte. Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social ,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas. HORARIO: de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h..
SOPORTAIS DO MERCADO:
DIANTE DA PRAZA DO MERCADO:
DIANTE DO PILÓN
TORREÓN
PRAZA DO CONDE:
RÚA COUCEIRO FREIXOMIL
PORTO
En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso ORGANIZA: Clausuras das actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno 2009-10. O pasado 31 de maio rematou o curso 2009/10 das actividades ofertadas polo concello de Pontedeume dentro do programa das Escolas Deportivas Municipais de Inverno, cunha xornada de clausura en cada unha das escolas. Unha vez coñecidos e analizados os datos de matriculación e de asistencia, e segundo a opinión dos alumnos, dende o Servizo de Deportes faise unha valoración altamente positiva tanto pola cantidade de participantes nestas escolas ( nesta tempada se superou ampliamente o número de asistentes doutras tempadas ) como do grado de satisfacción manifestado polos usuarios, que na inmensa maioria se encontran encantados pola súa participación nas diferentes actividades ofertadas e do nivel técnico amosado polo monitorado encargado de impartir as ditas actividades. Cabe destacar un notable incremento de participación en dous colectivos que anteriormente eran minoritarios : de idades de 25-64 anos e dos maiores de 65 anos. Entre estes 2 colectivos xuntáronse cerca de 200 personas que practicaron actividade física regularmente dende outubro ata finais de maio , sendo as Escolas de : AEROBIC, PILATES e XIMNASIA DE MANTENEMENTO de adultos nas que existiu un maior número de participantes . A continuación preséntase unha táboa das actividades levadas a cabo e do nº de participantes : ESCOLA DEPORTIVA. -------------------------Nº DE PARTICIPANTES -XOGOS RECREATIVOS. 8 -XIMNASIA RÍTMICA. 18 -XADREZ. 20 -PATINAXE. 26 -IUDO INICIACIÓN. 12 -IUDO PERFECCIONAMENTO. 14 -TENIS INICIACION. 19 -TENIS PERFECCIONAMENTO. 16 -XIMNASIA DE MANTENEMENTO. 38 -AEROBIC. 52 -PILATES. 80 TOTAL = 303 alumnos. Próximamente darase a coñecer a oferta de actividades das Escolas Deportivas do Verán 2010 que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. Recordamos a todos os interesados que dende o 15 ata o 30 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar nelas. " VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES " Con motivo da celebración do día DAS LETRAS GALEGAS, o vindero 17 de maio, o Servizo municipal de Deportes do concello de Pontedeume está a organizar as " VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES " en colaboración coas as distintas asociacións de veciños municipais. Con estas xornadas preténdese achegar a todos os eumeses unha serie de xogos tradicionais que se practicaron durante moitos anos no noso entorno e que actualmente están algo en desuso. Nesta edición a xornada desenvolverase nas parroquias de Ombre, Andrade, Boebre e no casco urbán. Co fin de que poidan disfrutar destes xogos a maior parte posible de eumeses, a xornada partirase en horario de mañá e de tarde : - Pola mañá de 12 a 14 horas poderase asistir e participar destes xogos nas parroquias de Andrade, Ombre e Boebre. - Pola tarde de 18 a 20 horas todos os que queiran poderán participar destes xogos nos Xardíns de Lombardero. XOGOS POPULARES A DESENVOLVER NESTA EDICIÓN : -RA -ZANCOS -BIRLOS -CARREIRA DE SACOS -PETANCA -CHAVE -BUXAINA -SOGA-TIRA -PANO O mércores 19 de maio, como en edicións anteriores , o concello poñerá a disposición das escolas unitarias de Ombre, Boebre e Campolongo, un autobús que levará aos nenos máis pequenos, a visitar a feira artesanal que anualmente vense realizando na Urbanización Olmo, organizada pola Unidade Veciñal Olmo, donde ademáis dos talleres culturais e de artesanía que alí se desenvolven, poderán disfrutar de novo dos XOGOS POPULARES que o concello trasladará ata alí xunto con monitores para lles explicar aos cativos o funcionamento dos mesmos. Campamentos deportivos e de fútbol organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña, e ofertados polo Concello de Pontedeume. O Servizo Municipal de Deportes informa de que o concello de Pontedeume foi incluido no plan de campamentos organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña cara ao verán 2010 e que participará no mesmo, encargándose de ofertar o número de prazas outorgadas pola Excma.Deputación Provincial de A Coruña para cada un dos campamentos : 5 prazas para cada un deles. As idades dos rapaces/as interesados/as en participar serán as comprendidas entre 9 e 13 anos. Os campamentos que se levarán a cabo son os seguintes : -Campamentos Deportivos a desenvolver entre os días 4 e 10 do mes de xullo. -Campus de fútbol, dende o día 11 ata o día 17 de xullo. Para maior información e inscrición deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal " A CASQUEIRA " ou ben telefoneando ao número 981433041 ; así mesmo está dispoñible toda a información necesaria na páxina web da Deputación Provincial de A Coruña, na dirección : www.dicoruna.es O prazo de inscrición para anotarse a estes campamentos rematará o di 11 do mes de xuño. Unha vez rematado o prazo para inscribirse nestes campamentos, se o número de inscritos resulta ser superior ao número de prazas adxudicadas ao concello pola Deputación Provincial realizarase un sorteo público diante da Sra Secretaria do concello, o día 14 de xuño ás 11 horas, no salón de plenos da casa consistorial, do que sairán os beneficiarios das prazas e os suplentes por estricto órden de sorteo. Actividades desta SEMANA SANTA Como todos os anos durante os períodos vacacionais escolares, o concello de Pontedeume a través do seu Servizo de Deportes propón unha programación de actividades deportivas dirixidas aos rapac@s de todas as idades. O calendario de actividades desta SEMANA SANTA será a seguinte : Luns 29 de marzo :
Martes 30 de marzo : Mércores 31 de marzo: Xoves 1 de abril : Sábado 3 de abril : Domingo 4 de abril : Para participar en calqueira das as actividades programadas será imprescindidible realizar unha preinscrición ; o prazo da mesma rematará o día 26 de marzo ás 13,30 horas. Todas estas actividades excepto o piragüismo e as probas cilcistas desenvolveranse no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA ". EUMEOLIMPIADAS ESCOLARES 2010 Durante a presente semana, dende o luns 22 ata o xoves 25 de marzo, no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume, todas as mañás entre as 9,30 e as 13,30 horas, celebraranse unhas xornadas deportivas entre os escolares dos diferentes centros educativos ubicados no concello. Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos. Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos. O luns 22 participarán os alumnos de 3º curso de primaria; o martes 23 os alumnos de 4º curso de primaria ; o mércores 24 os alumnos de 5º curso de primaria e o xoves 25 os alumnos de 6º curso de primaria. Na semana seguinte participarán tamén os alumnos de 1º e 2º de E.S.O que realizarán as actividades o día 7 de baril. Dende o concello ano tras anos promocionamos estas EUMEOLIMPIADAS para que os rapac@s de todos os centros de ensinanza do municipio manteñan un contacto e se vaian reñlacionando entre eles, e ao mesmo tempo aprovetamos para promocionar o deporte escolar do noso entorno. IX Gala do Deporte Eumés O vindeiro 30 de decembro dos correntes, a partir das 19,30 horas no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume celebrarase a IX GALA DO DEPORTE EUMÉS, acto no que se rendirá homenaxe aos deportistas eumeses destacados nas diferentes modalidades deportivas, e ao considerado MELLOR DEPORTISTA EUMÉS dos anos 2008-2009. Farase tamén un recoñecemento público a tod@ os participantes nas Escolas Deportivas Municipais amosando así a intención que dende o concello manifestan os nosos representantes, apostando polo deporte como vehículo de transmisión de saude e benestar. A este acto que está organizado polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume e co que colabora " Caixa Galicia ", asistirá algún xogador compoñente da 1ª plantilla do DEPORTIVO de A Coruña, que participará na entrega de trofeos e agasallos. Programa de actividades cara o NADAL 2009 Como cada ano cando chegan os períodos vacacionais, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume oferta unha amplia e variada programación de actividades deportivas dirixidas a todos os rapaces da vila e aos visitantes. O programa de actividades cara este NADAL 2009 é o seguinte : -Sábado 19 de decembro ás 11,30 horas : FESTA DO IUDO Para maior información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " ou ben telefonear ao número 981433041 en horario de 9 a 13,30 horas. Para participar nestas actividades deberá facerse unha preinscrición. 2ª Edición do Torneo de Xadrez Durante os días 7 e 8 deste mes celebrouse no Hotel Eumesa de Pontedeume a 2ª Edición do Torneo de Xadrez " Vila de Pontedeume " acadando un grande éxito. O número de participantes foi bastante máis elevado que na edición anterior : cabe destacar a cantidade de rapaces eumeses que participaron no torneo, poñendose así de manifesto a excelente labor que se ven levando a cabo dende o " Club de Xadrez " TORREÓN. Liga de Tenis Veteranos Como ben sendo habitual por estas datas, dende hai 6 anos, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume está a organizaru nha Liga de Tenis de Veteranos, para maiores de 40 anos de idade. Este ano cúmprese a 7ª Edición dende o inicio da mesma. Para poder participar nesta Liga de Tenis, os interesados deberán formalizar a inscrición na oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello, sita no pavillón municipal " A CASQUEIRA " ou ben telefoneando ao número : 981433041 en horario de 8,30 a 13,30 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 2 ata o día 12 de novembro e o número de prazas será limitado. Os partidos desputaranse na pista cuberta do IES BREAMO (acceso polo paseo marítimo) desenvolvéndose en horario de tarde de luns a venres e os sábados pola mañá. Todos aqueles interesados en presenciar estes partidos que saiban que a asistencia a os mesmos é gratuíta e o único que se lles pide e que respeten aos xogadores e a instalación. Horario libre do Pavillón "A Casqueira" Unha vez postas en marchas as actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de inverno 2009/10 e distribuídos os horarios de uso do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " para que poidan adestrar as distintas categorías das entidades deportivas municipais federadas, así como xogar os partidos que lles marquen os calendarios das respectivas federacións , toda a actividade deportiva municipal queda distribuida polas diferentes instalacións deportivas tanto municipais como nas dalgúns dos centros escolares municipais que colaboran co concello de Pontedeume cedendo o uso das mesmas : IES Breamo, IES Fragas do Eume, Colexio Couceiro Freijomil. Despois da distribución dos horarios das actividades e das instalacións nas qeu se desenvolverán, no Pavillón municipal de Deportes " A CASQUEIRA " quedan a disposición do público en xeral algunhas horas que poderán ser alugadas polos usuarios que así o soliciten : Os luns de 21 horas a 23,30 horas. Os sábados e festivos non existen horas prefixadas de aluguer pois depende da actividade deportiva federada que se desenvolva na instalación segundo marcan os calendarios das dieferentes competicións. Para máis información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA" ou ben telefonear ao número 981 433 041 . Horas que quedan libres para poder alugar a pista de xogo do pavillón " A CASQUEIRA " Escolas Deportivas Municipais Dende o día 18 de setembro ata o 9 de outubro permaneceu aberto o prazo de inscrición para poder participar nas actividades deportivas ofertadas no curso 2009/10 das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS organizadas polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume, que se desenvolven dende o 15 de outubro do 2009 ata o 30 de maio de 2010. As Escolas Deportivas Municipais ofertadas e o número de participantes inscritos ata o de agora é o seguinte : ACTIVIDADE Nº DE ALUMNOS:
Recordamos a todos os eumeses que a pesar de que o prazo de inscrición xa rematou e que as Escolas xa están funcionando, ainda quedan prazas libres nalgunha das actividades. Para máis información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal de deportes "A CASQUEIRA" OU TELEFONEAR AO NÚMERO 981433041 en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres Actividades Deportivas Tempada de Inverno Unha programación rica e variada no número de actividades ofertadas e dirixida a todos os colectivos de idades diferentes, dende os máis pequenos ( 3 anos ) ata os de idades máis avanzadas, que poderán participar na actividade de ximnasia de mantenemento no centro de maiores. O prazo de inscrición para poder participar nestas Escolas Deportivas Municipais de inverno estará aberto dende o día 18 de setembro ata o 9 de outubro. As inscricións formalizaranse na oficina administrativa do concello de Pontedeume , sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " en horario de luns a venres de 10 a 14,00 horas. Para máis información poden persoarse nesa mesma oficina ou ben telefonear ao número do pavillón : 981 433 041 |
|||||||||||||||||||||
| CQpro.com |