| Concello - Concellerías - Asuntos Sociais | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
||||
Concellería de Benestar social e Sanidade
Relatos Breves pola Igualdade Gañadora do IV certamé de Relatos Breves pola Igualdade Páginas de un Diario Imcompleto ESTE VERÁN SALVA VIDAS. O TEU SANGUE É VIDA COMPÁRTEA Concello de Pontedeume e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación das veciñas e veciños na doazón de sangue O Concello de Pontedeume e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación das veciñas e veciños nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. No verán do pasado ano 2010 a campaña informátiva sobre doazón permitiu acadar 29.807 doazóns nos meses de xullo a setembro. As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a :
PONTEDEUME Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán en máis de 200 Concellos, preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta. Nas xornadas previas á visita da unidade móbil do CTG, o Concello de Pontedeume remitirá os seus veciños e veciñas unha tarxeta informativa, na que se fará un chamamento a súa participación. O Concello de Pontedeume e o CTG amosan o seu agradecemento a toda a vecindade que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitas persoas enfermas recuperen a súa saúde. O pasado ano 2010 a campaña informátiva sobre doazón permitiu acadar 29.807 doazóns nos meses de xullo a setembro, concretamente no noso Concello 496 doazóns o que nos permitiu superar o índice de doazón de sangue recomendado pola Organización Mundial da Saúde. O noso obxectivo é manter este nivel de participación para que o noso Concello sexa un dos máis solidarios de Galicia. Aberto o prazo solicitude de praza EIM "Chalé_Rosa" O prazo de presentación de solicitudes dende o 2 ó 31 de maio de 2011 Máis información no departamento de Servicios Sociais CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE: CRECENDO EN IGUALDADE Coincidindo coa conmemoración no mes de marzo do Día Internacional da Muller a Concellaría de Servizos Sociais deste Concello ten deseñado un programa de actividades cuxo obxectivo xeral responde á seguinte máxima: Promover a participación activa das mulleres de Pontedeume na vida pública e no espazo social, recordando a toda a sociedade que a Igualdade entre mulleres e homes non só debe ser acadada a nivel LEGAL tamén ten que ser REAL,abonda unha simple ollada á realidade máis próxima, para descubrir que a discriminación por razón de xénero segue vixente na práctica cotiá. < Baixo o lema CRECENDO EN IGUALDADE as actividades previstas son: IX PREMIO PONTEDEUME EN FEMININO TEATRO CINE-FORUM MOCIDADE POLA IGUALDADE XUNT@S PODEMOS OBRADOIRO DE SAUDE OBRADOIROS DE LOITA CONTRA OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: cocina para homes e defensa persoal para mulleres Dirixido as AMPAS dos centros escolares IV CONCURSO DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE ORGANIZA CONCELLO DE PONTEDEUME Concellería de Servizos Sociais ACTIVIDADES NADAL Dende a Concelleria de servizos sociais do Concello de Pontedeume tense un organizado un amplo programa de actividades. Este vai dirixido aos distintos colectivos de poboación có obxectivo xeral de fomentar a súa participación mediante a dinamización social dos mesmos. Para o colectivo d@s maiores este programa comenzou a finais do mes de novembro coa realización dun taller de arranxos florais para o Nadal, coa realización dunha viaxe e a comida intermunicipal de maiores . O Coro do Centro Municipal actuará tamen o vindeiro día 22 na Igrexa Parroquial da Vila. O vindeiro día 29 de decembro A Coral Polifónica Eumesa e o Coro do Centro ofrecerán un concerto de Panxoliñas no dito centro a partir das 19:00 h. Os máis pequenos quedan convidados a participar na Festa Infantil de Nadal que terá lugar o vindeiro día 29 de decembro de 16:00 a 20:00 h. no pavillón do IES Breamo, onde poderán disfrutar de xogos, castelos inchables,etc. Como xa é tradicional o vindeiro día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente chegaran a Pontedeume nun desfile que percorrera as rúas , recibindo a todas as nenas e nenos a partir das 19:00 h. na Praza do Conde, nesta actividade contase coa colaboura de moitas e moitos voluntarios así como de distintas entidades municipais: asociacións veciñais, culturais… Voltará a estar en funcionamento a actividade "Argalladas de Nadal"de conciliación da vida persoal e laboral, destiñada a aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos cuias familias requiran deste servizo. Para a mocidade eumesa o programa "Ponte en marcha" que con obradoiros sobre sexualidade, cine de terror, cociña, peesca con cana…encherá de contido as tardes do Nadal. Para máis información todas as persoas interesadas poderán dirixirse ao departamento de servizos sociais municipais sito na avenida do Peirao no edificio do Xulgado CABALGATA DE REIS 2011 Dende a Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro do 2011, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento: Convidamos a tod@s @s interesad@s en participar na CABALGATA DE REIS 2011 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 18 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores QUE É? Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán. EN QUE CONSISTE?
PARA MAIS INFORMACIÓN: Contactar có Departamento de Servizos Sociais Preescolar na casa -Educar en familia. Dende a Concellaria de Servizos Sociais do Concello de Popntedeume queremos informarvos de presentación `para o curso 2010 2011 do programa ¿Qué é “Preescolar na casa “? “Preescolar na Casa” é un programa de formación de pais totalmente gratuito sobre a Educación Infantil, no que os profesionais da educación traballamos xunto coas familias que teñen nenos de 0 a 6 anos. ¿Qué obxectivos ten “Preescolar na Casa”? -Que os pais sexan auténticos protagonistas á hora de mellora-la educación dos seus fillos con métodos sinxelos.
-Que os nenos desenvolvan as súas capacidades no medio familiar durante os primeiros anos da súa vida.
-Que pais e fillos manteñan contacto con outros nenos e adultos. Para máis información : Viaxe á Festa Gastrónomica do Grove Organizado dende a Concellería de Servizos Sociais o vindeiro día 10 de outubro realizarase unha viaxe a festa grastronómica que se celebra no Grove, tod@s @s interesad@s poden inscribirse no Centro Municipal de Maiores en horario de mañá de 10:00 a 12:00 h. RUEIR@S TV- CAMPAMENTO URBANO MUNICIPAL Despois do éxito acadado polo Campamento urbano "Rueiros 2009", O Concello de Pontedeume volve a apostar por unha nova edición. Neste caso a proposta que se presenta sigue na liña de ver a nosa vila como un recurso educativo máis no que os rapaces e rapazas interactúen con todo no que nela se vive. Na presente edición centraremos o noso traballo nas novas tecnoloxias, así crearemos o noso propio "canal televisivo" e a través dunha desta actividade municipal se pretende convertirse nunha oferta lúdica, educativa e cercana destiñada ao entretemento das nenas e nenos entre 3 e 12 anos durante o mes de agosto. Datas de inscrición: Do 16 ao 28 de xullo Prezo: 55 € Para máis información achegarse ao Departamento de Servizos Sociais Municiapis Av/ do Peirao , Edif. do Xulgado S/N 15600 Pontedeume III CONCURSO DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE Queda aberto o prazo da 3ª edición do Concurso de Relatos Breves pola Igualdade .Tod@s @s interesados en participar poden consultar as bases DEPORTE E IGUALDADE 06-06-2010 O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha a segunda edición do Día do Deporte na rúa en prol da Igualdade de xénero, que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte. Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social ,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas. HORARIO: de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h..
SOPORTAIS DO MERCADO:
DIANTE DA PRAZA DO MERCADO:
DIANTE DO PILÓN
TORREÓN
PRAZA DO CONDE:
RÚA COUCEIRO FREIXOMIL
PORTO
En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso ORGANIZA: ÁREA MAIORES O vindeiro venres 11 de xuño realizarase unha visita cultural a Santiago de Compostela (Visita ás Cubertas da Catedral) con xantar en Padrón. Nesta actividade de dinamización do colectivo de maiores poderán participar todas as persoas interesadas. Información e inscricións no Centro Municipal de Maiores todos os días de 10:00 a 12:00 h. ou no Departamento de Servizos Sociais. AREA DE IGUALDADE Está aberto o prazo ata o 11 de xuño para a solicitude de estadias de Tempo Libre para mulleres soas con cargas familiares non compartidas. Información e Inscricións no Departamento de Servizos Sociais. CAMPAMENTOS DE VERÁN 2010 PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE Poderán Solicitar a súa participación nesta actividade as mozas e mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que teñan a idade comprendida nos rangos que se indica en cada unha das quendas e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Tendo prioridade:
Solicitudes: Os impresos poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume asi como nos Servizos de Dependencia e Autonomia Persoal e Servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais, asi como na seguinte páxina Web: O Prazo de solicitude remata o vindeiro día 20 de maio. Máis información, chamando de forma gratuita ao 900333666 ou dirixindose ao Departamento Municipal de servizos Sociais sito na Av/ do Peirao S/N 15600 Pontedeume (A Coruña), 981-433288 COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PRAZO DE NOVAS SOLICITUDES PARA O CURSO 2010-2011 NA ESCOLA INFANTIL CHALÉ ROSA Dende o 1 ao 31 de maio queda aberto o prazo para a solicitude de novas prazas BENEFICIOS QUE APORTA O CERTIFICADO DE MINUSVALÍA OU/E INCAPACIDADE LABORAL O vindeiro día 27 de maio ás 18:00 h. no Centro Municipal de Maiores realizarase unha charla sobre dito tema organizada conjuntamente polo Concello de Pontedeume e COGAMI ( Confederación Galega de Minusválidos). PROGRAMA DE VACACIÓNS EN PAZ 2010-ACOLLEMENTO A MENORES SAHARAUIS Que é? Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán. En que consiste?
PARA MAIS INFORMACIÓN: Contactar có Departamento de Servizos Sociais AREA DE IGUALDADE MUNICIPAL MOSTRA: ELAS ENSINAN Esta mostra do Servizo Galego de Igualdade pode visitarse entre o 16 e o 30 de abril no Centro Municipal de Maiores. Nela recollense as historias de vida de dezaoito mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, as que serviron de modelo profesional e vital. Cursos de Formación : Rede Xiana O Concello de Pontedeume foi seleccionado como sede dunha das Acccións Formativas 2010 do Proxecto Rede Xiana (Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade , Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego ) Este proxecto ( Coordenado pola Deputacion de A coruña ) ten como obxectivo principal a implementación dun programa de fomento de emprego para municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña a través dunha rede de traballo técnico , político e , económico e social que traballe por un emprego de calidade, estable, eguro e con dereitos; As persoas beneficiaraia son desempregadas coas maiores taxas de desemprego:
Os distintos Concellos que participan no proxecto, agrúpanse en 13 zonas de actuación.En cada unha das zonas desenvolveranse distuintas accións formativas nas que calquera persoa que cumpra os requisitos e que esté empadroada nalgún dos Concellos que forman parte dunha zona poderán inscribirse . Comunícase a todas as persoas interesadas que está aberto o prazo de inscripción ata o 30 de abril para participar no proceso de selección das accións formativas do proxecto Rede Xiana na anualidade do 2010 ; poderán recoller a folla de inscripción e máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello . Dende alí levaranse a cabo a recollida de documentación e tramitación das solicitudes PROXECTO DE REALIZACION DO II PLENO MUNICIPAL INFANTIL NO CONCELLO DE PONTEDEUME 1.- FUNDAMENTACION: A Concellería de Servizos Sociais deste Concello e conscente de que a participación democrática é unha actitude básica para a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Como administración máis próxima aos cidadáns xogamos un importante papel na planificación, organización e, posta en marcha, de accións encamiñadas a favorecer dita participación. A esta máxima responde a presente proposta didáctica ofertada a todos os centros escolares de ensino de primaria da Vila a realización do II Pleno Infantil Concello de Pontedeume. Este proxecto está incluido dentro do Programa marco de Educación en Valores e responde a necesidade de potenciar ditas actitudes de participación democrática entre as nenas e os nenos asi como dar a coñecer como funciona o Concello e, polo tanto, entender tamén as cousas que acontecen no seu entorno máis próximo. A pasada edición realizouse o I Pleno Infantil como unha experiencia piloto en canto a metodoloxia de traballo e aos medios utilizados, experiencia que có tempo imos ir matizando para darlle un carácter estable á actividade. 2.- OBXECTIVOS: Esta interveción vai responder aos seguintes obxectivos xerais: - Coñecer mellor a función e as actividades que leva acabo o Concello de Pontedeume, peza clave da vida local. -lPotenciar entre o alumnado de 6º deprimaria hábitos e actitudes de participación activa e democrática. -Favorecer a creación dun espazo de debate e reflzexión . 3.- ESTRUCTURA DE FUNCIONAMENTO: A actividade vai dirixida a todos os centros escolares de primaria da Vila e nela poderán participar o alumnado de 6º da EPO. Dous representantes de cada centro escenificarán o Pleno Municipal dando lectura a exposición de problemas sociais que preocupan aos nen@s e as posibles solucións que eles aportarían, en un segundo turno de intervención as preguntas que lle farian ao goberno municipal ao respecto das súas inquedanzas. Este último punto deberá rexistrarse no Concello, tal e como se fai na realidade con tres dias de antelación ao pleno, para que o goberno poida informar e dar resposta sobre o traballo que se fai a nivel municipal neses ámbitos. As intervencións non excederán en ningun momento e para cada unha dos quince minutos. Dita actividade terá lugar o vindeiro venres día 22 ás 11:00 h. no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores. Esperamos que resulte do voso interese sendo a persoa de contacto ante calqueira dubida a Animadora Socio-Comunitaria do Departamento de Servizos Sociais Jovita Ayerbe (Télf.:981-433288) . Cabalgata de Reis 2010 Dende a concelleria de Servicios Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Calbalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento: Convidamos a todos os interesados en participar na CABALGATA DE REIS 2010 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 19 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores. Termalismo Social do Imserso Aberto o prazo de solicitude para o programa de termalismo social do imserso. Prazo de presentación da solicitude: - Para os meses de febreiro ata agosto o día limite é o 15 de xaneiro. - Para os meses de setembro ata decembro o día limite é o 17 de maio Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xenero 25 DE NOVEMBRO DE 2009-11-19 Dende o Programa de Intervención Social na Área da Muller dos Servizos Sociais Municipais e dentro das liñas de actuación especificadas no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Pontedeume, propuxémonos varios obxectivos a acadar. Concretamente, dentro do capítulo adicado a prevención e tratamento da violencia de xénero é prioritario eliminar calquera forma de violencia cara ás mulleres así como o uso da mesma como vía para a resolución dos conflitos. Con esta finalidade e coincidindo có 25 de novembro Día Internacional de Loita contra a Violencia ás Mulleres xurde esta Campaña de sensibilización dirixida a todas e todos que baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” consistirá na implementación das seguintes accións: 12:00 H. Lectura Pública do Manifesto Institucional de Loita contra a Violencia de Xénero na Praza Real 12:30 H. Entrega do II Premio do Concurso de Relatos breves pola Igualdade no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores. 19:00 Inauguración da Exposición Mulleres de Vida Alegre. Mesa redonda: A PROSTITUCION FEMININA, UNHA FORMA DE VIOLENCIA DE XENERO no Centro Municipal de Maiores O noso obxectivo é o de implicar a todos e cada un dos membros da sociedade eumesa nesta loita contra a violencia ás mulleres non soamente hoxe 25 de novembro, senón os 365 días do ano mentres haxa unha muller que sofre . PONTEDEUME 19 DE NOVEMBRO DE 2009 Asdo.: Eva María Carballeira Pérez Colectivos en risco de exclusión da Transición a TDT O Concello de Pontedeume está colaborando coa Secretaría Xeral de Comunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio na divulgación da información das axudas previstas para colectivos en risco de exclusión que residan en municipios afectados pola Fase I ou a Fase II do Plan Nacional de Transición a TDT. Dadas as características dos colectivos que se poden beneficiar desta iniciativa, e que os equipos entréganse actualmente na Xefatura Provincial con sede na cidade da Coruña, a Concellería de Novas Tecnoloxías tramitará as solicitudes e, en representación dos solicitantes, recollerá os equipos para a súa distribución. Dende aquí pódense descargar os requisitos, a documentación necesaria e os impresos para solicitar o equipo sintonizador de TDT. Data límite para a presentación de solicitudes: 23 de decembro de 2009 Conmemoración do día Internacional de Loita Contraa Violencia de Xenero Baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” o Concello de Pontedeume, un ano máis, presenta a Campaña de sensibilización social entorno ao día 25 de novembro. Somos conscentes da grande complexidade desta problemática e, polo tanto, da complexidade que requiren as súas solucións, que pasan pola adopción e aplicación de todo un conxunto de medidas xudiciais, sociais, sanitarias e policiais cara a lograr a súa erradicación. Pero tamén, somos conscentes como administración máis próxima ao cidadán que temos a obriga de favorecer mediante distintas estratexias a loita contra a violencia ás mulleres Nesta Campaña do 2009, ademáis da campaña publicitaria levaranse a cabo distintos actos para traballar a sensibilización da poboación en xeral sobre a necesidade de que axa un cambio de mentalidade e de relacións entre ambos xéneros. O día 25 de novembro levarase a cabo nun acto institucional a Lectura do manifesto contra a violencia hacia ás mulleres ás 12:00 h. na Praza Real. De seguido ás 12:30 h. farase entrega do Premio do II Concurso de Relatos Breves pola Igualdade( lugar a concretar). Realizaranse tres obradoiros dos que @s interesad@s poden informarse e incribirse no departamento de Servizos Sociais:
Duas charlas dirixidas á poboación en xeral que terán lugar no Centro Municipal de Maiores:
Está previsto trasladar a exposición “Pontedeume plantalle cara aos malos tratos” aos dous centros de educación secundaria desta Vila. Quedan pendentes de concretar datas e horarios de duas actividades máis das que informarase en breve. Enquisa igualdade para a población eumesa Este cuestionario ten por obxecto recoller a maior cantidade de información posible da poboación eumesa tanto do núcleo urbano como das parroquias, para asi poder identificar as principias áreas de necesidade de cara a establecer unha relación de prioridades e, por outro lado, recoller a súa opinión sobre a situación de igualdade de mulleres e homes e as posibles actuacións. Descargar Enquisa Se queren cubrilo electronicamente reenvienlo ao seguinte email: Concello de Pontedeume Av/ Coruña nº 11 5ºA 15600-Pontedeume 981-433288; 981-433911; 609-730090 Proxecto Medra Mañá terá lugar na Casa da Xuventude de Pontedeume o inicio do proxecto Medra, iniciativa do Concello de Pontedeume que vai dirixida ás rapazas e ós rapaces eumeses de entre 16 e 21 anos que se atopen fóra do itinerario escolar e que todavía non se incorporaran ao ámbito laboral e que pretende ofrecer á xuventude de Pontedeume un espacio onde desenvolver coñecementos, destrezas e habilidades que os preparen de cara á vida adulta, previndo posibles situacións de risco social. Os obxectivos que se pretenden acadar coa realización deste proxecto son: proporcionar un espazo de interacción para os rapaces e rapazas, desenvolver a capacidade crítica, favorecer o autocoñecemento, proporcionar orientación educativa e laboral así como desenvolver habilidades e coñecementos necesarios para a incorporación á vida adulta.
Como indican dende a Concellería de Servicios Sociais, “a transición á idade adulta é algo que comeza moito antes de chegar a ser maior. Constantemente rapaces e rapazas atópanse con esixencias maiores e moitas veces contradictorias co seu nivel de madurez. É por isto polo que ese paso entre etapas tan diferenes ten que darse de xeito progresivo e cunha especial atención nas actitudes e aspectos da personalidade básicos para un bo desenvolvemento e autonomía. Por isto, o feito de desenvolver coñecementos, destrezas e habilidades básicas para a vida real, fará que teñamos máis confianza en nós mesmos e esteamos máis preparados/as para novas situacións.” |
||||
| CQpro.com |