Inicio
 










Novedades

Xogos Tradicionais

17 de Maio


Seminario na aula cemit de Foremdes

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 04 de xuño (martes) de 09:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG e por vídeo conferencia coa Aula Cemit de Pontedeume (Telef 981433815) un seminario sobre videoxogos – Novos retos e formas de xogar, coa seguinte temática:

Máis información


Bases selección auxiliares de policía local

Bases selección auxiliares de policía local

Bases


Letras Galegas 2013


Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de praza para a Escola Infantil Municipal "Chalé Rosa".

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 1 ao 31 de maio de 2013.

Máis información no departamento de Servizos Sociais municipais, no Concello ou no teléfono 981 433 288 .

Achégase impreso solicitude.

Descargar solicitude


DÍA DO DEPORTE E A IGUALDADE- CONCELLO DE PONTEDEUME 5-MAIO-2013

Dende o Concello de Pontedeume estase a impulsar unha serie de accións dirixidas a favorecer o establecemento de políticas municipais en materia de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes co obxecto de que a incorporación das mulleres a todas as áreas da vida sexa REAL e Efectiva.

Por considerar que o deporte segue a ser un espazo onde a discriminación por razón de xénero está moi presente e arraigada faise necesario dedicar ao menos unha xornada de sensibilización dirixida á comunidade eumesa que baixo o título: “Deporte e Igualdade”, favoreza a promoción e desaparición de actitudes sexistas, fomentando a convivencia e percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

...

Máis Información


Seminario sobre virtualización e alta dispoñibilidade en Linux

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 23 de maio (xoves) de 09:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre virtualización e alta dispoñibilidade en Linux. Este mesmo curso impartirase por videoconferencia no centro CEMIT de Pontedeume (Edif FOREMDES). Anotarse antes no Telef 981433815

Durante o desenvolvemento da xornada trataránse os seguintes contidos:
• Visión general de Proxmox VE
• Conceptos / Arquitectura / Tecnología (KVM y OpenVZ)
• Requisitos (Hardware, Storage, Network)
• Instalación
• Introducción a gestión basada en Web
• Modelo de red
• Modelo de Almacenamiento
• Crear y gestionar Máquinas Virtuales (todos los sistemas operativos)
• Crear y gestionar contenedores (Linux)
• Backup & Recuperación
• Proxmox VE Cluster


O teu Concello aberto as 24 horas para ti.

Un novo xeito de tramitar e ver as túas xestións no Concello, sen saír da casa ou da oficina, sen colas nin horarios, con transparencia.

O teu volante de empadroamento ao momento.

E coa seguridade dos teus datos a través do DNI electrónico.


Programa Maios 2013

Día 1 de Maio

Bases

Inscripcion


Inauguración Exposición Os Templarios


I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 “La tecnología en mi vida cotidiana”

Con motivo da celebración do día Mundial de internet o próximo 17 de maio, a través da web Enlace vaise a realizar o I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 “La tecnología en mi vida cotidiana” a nivel nacional.>

O obxectivo do concurso é promover o fenómeno global da fotografía móbil como vehículo para a expresión artística dando visibilidade ás imaxes presentadas en dita web.

...

Máis Información


Aberto o prazo para a presentación de reserva de praza para a Escola Infantil Municipal “Chalé Rosa”

Dende o 15 ao 30 de abril estará aberto o prazo para realizar as solicitudes de reserva para o curso 2013-2014 na Escola Infantil Municipal "Chalé Rosa " de Pontedeume. Máis información no departamento de servizos sociais municipai , na propia escola infantil ou chamando ó número 981-433288.


Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013

O concello de Pontedeume tramita dende o día 2 de abril e ata o 11 de maio a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos (nacidos entre o 02/01/2010 e o 01/01/2013, inclusive). Máis información no departamento de Servizos sociais ou chamando o téléfono 981 433288


ACTIVIDADE DIRIXIDA ÁS FAMILIAS

Os departamentos de servizos sociais dos Concellos de Pontedeume e de Cabanas, en colaboración coas entidades ASFEDRO e Quérote+, desenvolverán próximamente unha actividade dirixida ás familias denominada:

...

Máis información

Cuestionario


PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

Cara a establecer políticas que fomenten o benestar d@s nos@s maiores o concello de Pontedeume establece como políticas prioritarias de Benestar o impulso de accións encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida mediante a implementación de programas e recursos cuxo obxectivo é, entre outros, o de favorecer o incremento da súa autonomía persoal para demorar ao máximo os procesos de dependencia e mellorar a autoestima deste colectivo.

...

Máis Información


Actividades abril mes do libro


O CONCELLO DE PONTEDEUME PARTICIPA NO PROXECTO REDEXIANA2 PROMOVIDO POLA DEPUTACION DA CORUÑA E COFINANCIADO CON CARGO AO FONDO SOCIAL EUROPEO

O Concello de Pontedeume contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia.

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello dePontedeume, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Capela As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Monfero e Vilarmaior.

...

Máis Información


XVI Premio de Investigación Concello de Pontedeume

Bases


REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME.

Dende a concellaría de Cultura e Ensino queremos facilitar á Comunidade Educativa do Concello de Pontedeume o acceso a consulta de dito regulamento.

Descarga Ordenanza


Cursos Espazo Xove de Pontedeume

Desde a concellería de Formación i emprego do Concello de Pontedeume queremos facernos eco dos cursos que vai impartir a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a través do “Espazo Xove de Pontedeume” antes denominado “Casa Da Xuventude de Pontedeume” destinados a mozas e mozos:

...

Máis información


PROGRAMA “BENESTAR EN BALNEARIOS” PARA PERSOAS MAIORES.

Está aberto o prazo para presentar as solitudes do Programa “Benestar en Balnearios” da Consellería de Traballo e Benestar.

Este Programa está dirixido ós maiores de 65 anos, ou maiores de 60 que sexan pensionista, e ós seus cónxuxes. Con el preténdese contribuír ó mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal, descanso, convivencia, coñecemento doutras xentes, costumes e maneiras de ocupar o tempo libre dun xeito activo e positivo.

Na convocatoria deste ano ofértanse 603 prazas, participan trece balnearios e a duración da estadía é de dez días e nove noites

Para obter máis información ou presentar as solicitudes poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello de Pontedeume.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 12 de abril de 2013.


Programación das actividades Deportivas Semana Santa 2013

Programación


Sesión formativa para impulsar o comercio electrónico entre as PEMES do sector de artigos de vestir e calzado

A charla será o día 21 no horaio adxunto na Aula Cemit de Foremdes. Os interesados deberán de darse de alta na páxina Enlace á cemit

Preferiblemente dirixido ó sector textil e de calzado. Ainda que poderá estar aberto a desempregados interesados no tema.

Mais información no centro de Foremdes ou no telf 981 43 38 15

Máis información


XXIII Concurso de Contos Vila de Pontedeume

Bases


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

08/03/2013

Para acadar unha sociedade máis xusta onde o respecto aos dereitos fundamentais de todas as persoas este garantido é necesario educar en igualdade, crecer en igualdade e relacionarnos en igualdade.
Nas últimas décadas a sociedade ten avanzado moito neste sentido, conseguimos: unha base lexislativa, mellores recursos, unha maior concienciación social, no entanto, aínda perdura a desigualdade real en moitos outros aspectos, como poden ser: a violencia de xénero, a desigualdade laboral, a feminización da pobreza, corresponsabilidade e concienciación, etc.
Coa conmemoración do Día Internacional da Muller o concello de Pontedeume sumase a todos aqueles organismos, entidades,… que favorecen a participación feminina en todos os ámbitos da vida: economía, cultura, política, etc. en suma na participación social en igualdade de condicións.


A Memoria Popular


XI PREMIO PONTEDEUME EN FEMININO

08/03/2012

Coincidindo coa conmemoración o vindeiro mes de marzo do Día Internacional da Muller a Concellaría de Benestar Social deste concello lanza novamente a súa campaña institucional en materia de sensibilización en igualdade entre mulleres e homes: “Crecendo en Igualdade”, cuxo obxectivo xeral responde á seguinte máxima: Promover a participación activa das mulleres de Pontedeume na vida pública e no espazo social, recordando a toda a sociedade que a Igualdade de xénero non só debe ser acadada a nivel LEGAL, tamén ten que ser REAL. Abonda unha simple ollada á realidade máis próxima, para descubrir que a discriminación por razón de xénero segue vixente na práctica cotiá.

Na presente edición o Premio Pontedeume en Feminino segue a ser unha das ferramentas utilizadas como medio para recoñecer, estimular e difundir públicamente as actuacións daquelas eumesas cuxo labor en calquera área da vida: económica, cultural, política, educativa,etc. favoreza:

• A denuncia de situacións de discriminación por razón de sexo
• O exercicio do seu labor profesional en áreas onde a muller teña unha baixa representación.
• Fomento do asociacionismo e o impulso á participación.
• Enriquecemento cultural da Vila.

Bases


Entroido 2013


Probas para a obtención dos certificados CELGA no ano 2013

No DOG nº 11, do 16 de xaneiro, publícase a Orde Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013

• Prazo de inscrición: Dende o día seguinte á publicación desta Resolución no DOG (17 de xaneiro) até o día 3 de abril de 2013 (incluído)

• Datas de realización das probas:
CELGA 4: 1 de xuño de 2013
CELGA 2: 2 de xuño de 2013
CELGA 3: 8 de xuño de 2013
CELGA 1: 9 de xuño de 2013

• Lugares das probas
CELGA 1: Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid e Ponferrada
CELGA 2, 3 e 4: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Barcelona, Madrid e Ponferrada.

Enlace á convocatoria do DOG.

Xantar municipal de antroido


Clásicos do cine mundo e de humor.


CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 2013

No DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 2013, publícase a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se anuncian cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.

1. Oferta de cursos de programación directa que se impartirán nas cidades de Galicia (anexo III da convocatoria)

...

Máis información

Enlace á convocatoria do DOG.

Miradas de Muller

Información sobre a iniciativa. Día 31 de xaneiro de 16:00 a 20:00.

Miradas de Muller” componse de 4 fases:
• As xornadas de presentación formadas por:
• Presentación do proxecto e da plataforma "Miradas de muller" que se poñerá a disposición das usuarias. Tempo considerado: 45 minutos.
• Sensibilización das usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital. Tempo considerado: 2 horas – 2 horas e media.
• ....

Mais información


AXUDAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Concesión de axudas destinadas á adquisición de material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2012-2013, educación infantil, primaria e eso; ó abeiro da correspondente ordenanza específica reguladora das bases (bop nº171 do 07/09/2012)

Bases


Programación das actividades Deportivas Nadal 2012

Programación


Vidioteca Nadal

Biblioteca Municipal


ArtXove 2013

Pontedeume- Casa da cultura -

23 de marzo al 07 de abril

Bases


Festival de Nadal 2012

Centro municipal de maiores

20 de decembro


FESTA INFANTIL DE NADAL

O vindeiro día 28 de decembro celebrarase a tradicional Festa Infantil de Nadal na Praza Real, a partir das 17:30 h ata as 20:00h.. Esta actividade invita as nenas e nenos a bailar, xogar e pasalo ben


XANTAR MUNICIPAL DE MAIORES NADAL 2012

CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES CONCELLO DE PONTEDEUME

Dentro do programa de actividades ludico-recreativas e terapeutico-ocupacionais que se levan a cabo ao longo do ano no Centro Municipal de Maiores dirixido a este colectivo de poboación para o vindeiro día 21 de decembro no Restaurante A Ria esta prevista a realización da tradicional Comida municipal de Maiores de Nadal
Todas as persoas interesadas en informarse sobre esta proposta ou anotarse poden facelo pasando polo Centro Municipal de Maiores en horario de mañá e tarde de luns a domingo no Centro Municipal de Maiores


DIA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 novembro 2012

Porque segue a ser a violencia de xénero unha das problemáticas sociais que máis reflexa a permanencia da desigualdade nas relacións entre homes e mulleres na actualidade o Concello de Pontedeume na campaña de prevención da violencia de xénero 2012 pretende facer un chamamento á sociedade en xeral para que se involucre persoalmente na denuncia da violencia de xénero e manteña unha actitude non pasiva ante tales feitos.

Baixo o lema "muller descubre a túa realidade" o programa de intervención social na área da Igualdade municipal impulsa un ano máis esta campaña de sensibilización social, de denuncia contra a violencia de xénero no que todas e todos temos que estar implicados cara a acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. O programa de actos previstos son:

LECTURA PÚBLICA
Concentración ás 13:00 horas na Praza Real o domingo día 25 onde darase lectura á Declaración institucional contra a violencia de xénero e gardando un minuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. De seguido farase a entrega pública do V Premio do Certame de Relatos Breves pola Igualdade

ANIMACIONS TEATRAIS NA RÚA
O día 24 pola mañá actores e actrices representaran escenas arquetípicas do machismo sempre dende un punto de vista cómico e humorístico pero que faga reflexionar aos viandantes sobre as súas actitudes ante os feitos sexistas. A partir das 12:00h na Praza Real e casco urbano.

EXPOSICION:PONTEDEUME PLANTALLE CARA AOS MALOS TRATOS
Poderá visitarse nos baixos da Casa do Concello


9ª EDICIÓN DO NOVEMBRO FOTOGRÁFICO EN PONTEDEUME

CASA DA CULTURA

Do 16 ao 30 de novembro


Convocatoria extraordinaria para presentación solicitudes de prazas para EIM "Chalé Rosa"

Solicitude


FORMACIÓN EN SAÚDE:

Dentro da programación formativa en materia de saúde da Concellería de Benestar Social para a cidadanía No último trimestre do ano realizaranse duas sesións de formación:

• Primeiros auxilios en colaboración coa AAVV A Vila
• Acompañamento para coidadores de enfermos na fase final da vida

A primeira destas sesións Primeiros auxilios terá lugar o vindeiro día 7 de novembro de 16:30 a 20:30 h no Centro Municipal de Maiores. O programa tratará sobre: atención en situacións de urxencia máis frecuentes; traumatismos: prevención, asistencia inicial e tipos de traumatismos; feridas e hemorraxias, quemaduras, lesións,etc

A segunda: Acompañamento para coidadores de enfermos na fase final da vida será o día 20 de novembro no mesmo horario e lugar.. Temática: recoñecemento das nosas emocións como coidadores. O acompañamento no día a día,; necesidad do coidador de coidarse a sí mesmo,etc

Todas as persoas interesadas en participar neste formación poden facelo inscribindose ben na páxina da Escola ou no departamento de Benestar municipal sito no edificio do Xulgado no Peirao.


NOTA INFORMATIVA :

Dende o Servizo de Deportes , infórmase que dende o día 15 de outubro do presente exercicio, se modifíca o horario de aluguer da pista de xogo do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA ".

Actualmente o horario de pista que queda para aluguer dos usuarios, é o seguinte :

-LUNS-MÉRCORES-VENRES de 22,30 a 23,30 horas.

-MARTES-XOVES de 20,30 a 21,30 horas.

-FINS DE SEMANA E FESTIVOS : deberá consultarse semanalmente pois as horas libres dependerán sempre dos partidos de competición que as entidades deportivas federadas municipais utilicen para o desenvolvemeneto das súas respectivas competicións.

-NOS PERIODOS VACACIONAIS : dependerá dos horarios dos partidos de competición e dos adestramentos das entidades deportivas municipais.


ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES

Do 2 ó 9 de outubro está aberto o prazo de solicitude no Programa de vacacións para maiores do Imserso. Non obstante o prazo permanecerá aberto ata o día 1 de decembro para aquelas persoas que non formularan no seu momento a solicitude, para posibles vacantes que puideran producirse.

Se a pasada tempada a persoa estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.

Se accede por primeira vez ao Programa de vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude. Os interesados poden obter máis información ou presentar as solicitudes nos servizos sociais do Concello de Pontedeume.


ESCOLAS DEPORTIVAS DE INVERNO 2012-13

ESCOLAS DEPORTIVAS DE INVERNO 2012-13

DESCARGAR PROGRAMA


Remposabilidade medioambiental

Información no centro de FOREMDES de 10:00 a 13:00

607 537 599


Ruta nas Fragas do Eume

Información no centro de FOREMDES de 10:00 a 13:00

607 537 599


Circular

Comunicado de circular

Circular


Programa actividades para maiores

Programa 2012-2013

Programa


AXUDAS DESTINADAS A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Está aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas á adquisición de material escolar a familias con escasos recursos económicos, para o curso 2012-2013 (Educación infantil, primaria e ESO).
O modelo de solicitude pode recollerse no rexistro xeral ou nos servizos sociais do Concello de Pontedeume. As solicitudes e a documentación presentaranse no rexistro xeral do Concello.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o día 26 de setembro de 2012.

Ordenanza

Solicitude


Circular

Comunicado de circular

Circular


Gala de Zarzuela

30 de Agosto de 2012
Lugar: CASA DA CULTURA (Convento de San Agustín)
Hora: 21h GRUPO DE MÚSICA SARABAND


TORNEO DE TENIS ABERTO 2012 CONCELLO DE PONTEDEUME

Dende o 20 de xullo ata o vindeiro día 3 do mes de agosto , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 9º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello .

O torneo dividirase en 3 categorías :
-ALEVÍN : 9-10-11 anos.
-INFANTIL : 12-13-14-15 anos
-ABSOLUTA : maiores de 16 anos ( agosto 1996 )

O número de xogadores participantes en cada categoría, será limitado e a inscrición será gratuíta ; si rematado o prazo de inscrición o número de inscritos é superior ao establecido, farase unha fase previa para obter o número de participantes necesario para a configuración dos cuadros do torneo en cada categoría.

Para inscribirse deberán persoarse no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " de luns a venres, de 8,30 h. a 14 h., ou ben telefonear ao número 607614764 nos mesmos horarios.



Clausura Actividades Centro Municipal de Maiores


Campamento de Veran 2012

Dende a Concelleria de Benestar Social do Concello de Pontedeume estamos a organizar un ano máis as actividades campamentais dirixidas as nenas e nenos de tres a dezaseis anos. Estas propostas lúdico-formativas nacen como unha alternativa á necesidade de aunar xogo e diversión baixo obxectivos educativos e mediante unha metodoloxia de animación e participación activa

Máis Información


DIA DO DEPORTE E A IGUALDADE CONCELLO DE PONTEDEUME

Por cuarto ano consecutivo celebrouse o domingo 27 de maio no Concello de Pontedeume o Día do deporte e a igualdade. Esta acción impulsada baixo o obxectivo de favorecer a incorporación efectiva e real das mulleres en todas as áreas da vida: cultura, economia, politica, deporte, etc a presente edición suspendeuse por mor da climatoloxia. Dende a organización avisase que o domingo día 24 de xuño continuarase a actividade de 17:30 a 20:30 h.


PROGRAMA PARA A REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

Baixar díptico

Ficha de inscrición para alumnado de 3º e 4º de ESO

Ficha de inscrición para alumnado de PCPI e EPA

Ficha de inscrición para mozos e mozas non escolarizados/as


PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

30 de setembro ao 7 de outubro

Cara a establecer políticas que fomenten o benestar d@s nos@s maiores o Concello de Pontedeume establece como políticas prioritarias de Benestar o impulso de accións encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida mediante a implementación de programas e recursos cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas, así como o incremento da súa autonomía persoal para demorar ao máximo os procesos de dependencia e mellorar a autoestima deste colectivo.

Unha das actividades propostas dentro do Programa de envellecemento activo dende a área do fomento da vida saudable é unha viaxe á Manga do Mar menor con estancia no hotel Entremares Bio Balneario Mariño, no que se realizaran distintos tratamentos termais e actividades de animación. Esta actividade organizase conxuntamente co concello de Cabanas

Todas aquelas persoas interesadas nesta actividade poden informarse a partir do día 15 de xuño no departamento de Benestar Social Municipal. Disponse dun total de 25 prazas que serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello

Baixar tríptico


Presentación de Cátedra

Presentación de Cátedra


PROGRAMA DIRIXIDO Á REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

A Concellería de Educación do Concello de Pontedeume apoiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comezou no mes de maio unha serie de actuacións que buscan reducir, previr e intervir sobre o abandono escolar dos mozos/as do noso concello.. Estas actuacións van dirixidas, por un lado, aos rapaces/as ...

Máis Información


ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERAN 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERAN 2012

Máis Información


AXUDAS REINDUSTRIALIZACIÓN COMARCAS FERROL, EUME E ORTEGAL

Convócase, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas dirixidas a actuacións de reindustrialización nas bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal (A Coruña) correspondentes ao ano 2012 no marco da Orde, IET/818/2012, de 18 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de reindustrialización, publicada no «Boletín Oficial do Estado» número 95, do 20 de abril de 2012. (Boletín Oficial do Estado: sábado 2 de junio de 2012)

Máis Información


Pontedeume abre o prazo até o 8 de xuño para apuntarse ao proxecto "Tomando as rendas"

A iniciativa baséase nun curso sobre o fomento do autoemprego e a cultura emprendedora entre as mulleres de Pontedeume que teñen ao seu redor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para pór en marcha as súas propias empresas.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) comezará o próximo 14 de xuño a iniciativa "Tomando as rendas", sobre o fomento do autoemprego e a cultura emprendedora entre as mulleres de zonas rurais que teñen ao seu redor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para pór en marcha as súas propias empresas.

Máis Información


ROMERIA DE CARBALLINO

9/06/2012


Anuncio da acta proceso reclamaciones

Anuncio da acta proceso reclamaciones

Acta


Formación para desempregados menores de 30 anos

Formación para desempregados menores de 30 anos con formación igual ou inferior á ESO.

Máis Información


Deporte na rúa 2012

Deporte e Igualdade


CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN

O concello de Pontedeume foi incluido para participar nos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN que todos os anos organiza a Deputación Provincial de A Coruña, correspondéndolle a quenda que se desenvolverá entre os días 1 a 7 de xullo do presente ano.

Para todos aqueles nenos de idades comprendidas entre os 9 e os 13 anos, que estean interesados en asistir, comunicarlles que o prazo de inscrición estará aberto ata o primerio día do mes de xuño, que o número de prazas é limitado e que a estancia terá un prezo de 85 €, onde estarán incluídos todos os gastos que se deriven da estancia : estadía, manutención, transporte interno para a realizacaión das actividades programadas, etc....

A incorporación ao campamento terá lugar o domingo 1 de xullo pola tarde e será por conta dos participantes, tendo que presentarse no COLEXIO CALVO SOTELO, Rúa Archer Milton Huntington onde serán recibidos polos responsables.

A saida terá lugar o sábado seguinte despois do almorzo.

Todos aqueles interesados en participar neste campamento poden solicitar información no Nº de teléfono : 981433041 ( pavillón A Casqueira ) e presentar a solicitude de inscrición na oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume, sita no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA "

Baixar tríptico


Letras Galegas 2012


Balnearios Xunta 2012

Balnearios Xunta 2012

Información

Programa

Solicitude


NOVO INGRESO NA ESCOLA INFANTIL MUNICPAL CHALÉ ROSA

Solicitude


Programa Maios 2012

Programa Maios 2012

Bases


Cursos a impartir en FOREMDES a través da Aula CEMIT.

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Pontedeume sita en FOREMDES ofrece talleres dirixidos á veciñanza eumesa.

Máis Información


Abril Semana do Libro


ESTADIAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS 2012

No DOG nº 72 de 16/04/2012 na Resolución do 11 de abril de 2012 convocanse as estadias de Tempo Libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O obxecto desta convocatoria é a de facilitarlles ás mulleres que teñan fillas e fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual, no que poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun contorno de lecer.

Para máis información sobre os requisitos, criterios para a adxudicación das prazas, documentación….poden dirixirse ao Departamento de Benestar Social ata o vindeiro día 15 de maio no que remata o prazo para presentar as solicitudes.


V Certame de Relatos Breves pola Igualdade

V Certame de Relatos Breves pola Igualdade

Bases


XV Premio de Investigación Concello de Pontedeume

Bases


FORMACIÓN: OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro da programación formativa en materia de saúde da Concellería de Benestar Social para a cidadanía na primeira metade do presente ano estanse a realizar tres sesións de formación:

• Hábitos de vida saudables dende a infancia a idade adulta
• Prevención da violencia de xénero
• Acompañamento nas situacións de duelo

A última destas sesións PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO terá lugar o vindeiro día 12 de abril de 16:30 a 19:30 h no Centro Municipal de Maiores.

Esta actividade organizada conxuntamente entre a Concellería de Benestar Social do Concello de Pontedeume e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia será impartida por: Mª Isabel Graña Lourido

Todas as persoas interesadas en participar neste formación poden facelo inscribíndose ben na páxina da Escola ou no departamento de Benestar municipal sito no edificio do Xulgado no Peirao.


IX Ruta Ciclista a Caaveiro

Baixar Díptico


1º Concurso de Pinchos en Pontedeume


Próxima apertura do Torreón e Castelo dos Andrade cos seguientes horarios:

SEMANA SANTA: Do 30 de Marzo ó 8 de Abril de 2012.

HORARIO: De 11:00 a 13:30 De 16:30 a 19:00

VERÁN: Do 1 de Xullo ó 30 de Septembro de 2012. ABIERTO TODOS LOS DIAS

NADAL: Do 22 de Decembro de 2012 ó 6 de Xaneiro de 2013. SÓ TORREÓN

HORARIO: De 11:00 a 13:30 De 16:00 a 18:00


EXPOSICIÓN DA COPA DO MUNDO

O 22 de marzo de 9:00 horas da mañá até as 21:00 horas da tarde estará exposta na Casa Consistorial do Concello de Pontedeume a Copa do Mundo gañada pola selección española de fútbol no pasado mundial en Sudáfrica. Os eumeses poderán pasar durante todo o dia a vela e fotografiarse con ela. A Copa do Mundo estará cerca da nosa bisbarra durante toda a semana ; o mércores en Aranga, o venres en Cedeira e o sábado en Mugardos.


XXII Concurso de contos Vila de Pontedeume


Día Internacional da muller. "Crecendo en Igualdade"


I CARREIRA POPULAR "CRECENDO EN IGUALDADE"

Dende o Concello de Pontedeume estase a implementar unha serie de accións dirixidas a impulsar as políticas municipais en materia de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes co obxecto de que a incorporación das mulleres a todas as áreas da vida sexa REAL e EFECTIVA.

Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social cremos firmemente que ten que converterse nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.

O deporte segue a ser un espazo onde a discriminación por razón de xénero está moi presente e arraigada faise necesario dedicar ao menos unha xornada á reflexión e sensibilización dirixida á comunidade eumesa cuxo obxectivo sexa: favorecer a promoción e desaparición de actitudes sexistas, fomentando a convivencia e percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

Baixo o lema da campaña na que vimos traballando dende fai anos entorno ao día Internacional da Muller "crecendo en Igualdade" instase a toda a cidadanía a participar na I Carreira Popular pola igualdade de xénero que terá lugar o vindeiro domingo día 11 de marzo a partir das 13:00h. polo casco urbano.

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse recollendo as fichas de inscrición no Servizo Municipal de deportes e no Departamento de Benestar Social dende o día 27 de febreiro ao 11 de marzo.

Normativa


Obradoiros de edición de video


1º Trofeo "Concello de Pontedeume" de Tiro con Arco

O vindeiro domingo 26 dos correntes a partir das 10,30 horas celebrarase no pavillón municipal de deportes de Pontedeume " A CASQUEIRA " o 1º Trofeo " Concello de Pontedeume " de Tiro con Arco, no que poderán participar tirador@s de todas as idades repartidos nas seguintes categorías, tanto maculinas como femininas : ardilla-benxamíns-alevínsínfantis-cadetes-noveles-seniors.

Está prevista a participación dos seguintes equipos :

-Colexio Fogar de Carballo. -Colexio Vales Villamrin de Betanzos. -Concello de Boimorto -Concello de Carral. -Concello de Laracha. -Concello de Ordes. -Concello de Orouso. -Concello de Pontedeume. -Concello de Teo. -Concello de Vimianzo. -Escola Lucense de Tiro con Arco.


X PREMIO PONTEDEUME EN FEMININO 08/03/2012

Coincidindo coa conmemoración o vindeiro mes de marzo do Día Internacional da Muller a Concellaría de Benestar Social deste concello lanza novamente a súa campaña institucional en materia de sensibilización en igualdade entre mulleres e homes: "Crecendo en Igualdade", cuxo obxectivo xeral responde á seguinte máxima: Promover a participación activa das mulleres de Pontedeume na vida pública e no espazo social, recordando a toda a sociedade que a Igualdade de xénero non só debe ser acadada a nivel LEGAL, tamén ten que ser REAL. Abonda unha simple ollada á realidade máis próxima, para descubrir que a discriminación por razón de xénero segue vixente na práctica cotiá. .

Na súa decima edición o Premio Pontedeume en Feminino segue a ser unha das ferramentas utilizadas como medio para recoñecer, estimular e difundir públicamente as actuacións daquelas eumesas cuxo labor en calquera área da vida: económica, cultural, política, educativa,etc. favoreza:

  • A denuncia de situacións de discriminación por razón de sexo
  • O exercicio do seu labor profesional en áreas onde a muller teña unha baixa representación.
  • Fomento do asociacionismo e o impulso á participación.
  • Enriquecemento cultural da Vila.
  • Bases

    Ficha


    Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012

    Prazo de presentación solicitudes dende o 16 de febreiro ao 26 de marzo do 2012.

    Máis información no Departamento Municipal de Benestar Social


    FORMACIÓN: HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES DENDE A INFANCIA A IDADE ADULTA

    Dentro da programación formativa en materia de saúde da Concellería de Benestar Social para a cidadanía na primeira metade do presente ano realizaranse tres sesións de formación:

  • Hábitos de vida saudables dende a infancia a idade adulta
  • Prevención da violencia de xénero
  • Acompañamento nas situacións de duelo
  • A primeira destas sesións HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES DENDE A INFANCIA A IDADE ADULTA terá lugar o vindeiro día 28 de 16:30 a 20:30 h no Centro Municipal de Maiores.

    Esta actividade organizada conxuntamente entre a Concellería de Benestar Social do Concello de Pontedeume e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia será impartida por: Ana Martinez Lorente, Técnica do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade , Licenciada en Medicina, Diplomada en Nutrición Aplicada e Experta Universitaria en Nutrición Pediátrica; e, Orlando Blanco Iglesias, Técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Mestre especialista en Educación Física e Diplomado en Fisioterapia.

    Todas as persoas interesadas en participar neste formación poden facelo inscribindose ben na páxina da Escola ou no departamento de Benestar municipal sito no edificio do Xulgado no Peirao.


    ENTROIDO 2012

    VENRES 17 DE FEBREIRO

    10:30 Saída do pasarrúas dos nenos/as dende o colexio Couceiro Freixomil
    11:30 Actuación dos nenos/as na Praza Real
    12:10 Entrega de agasallos

    SÁBADO 18 DE FEBREIRO

    11:00 Animación das rúas do pobo polos gaiteiros
    19:00 Animación das rúas do pobo por unha Charanga

    LUNS 20 DE FEBREIRO

    17:30 Apertura da inscripción dos nenos/as no concurso de disfraces
    18:00 Festa Infantil
    18:30 Peche das inscripcións no concurso de disfraces
    19:30 Concurso Infantil
    20:00 Animación das rúas do pobo pola charanga "Os Charangos"
    20:00 Degustación gratuita de dulces típicos do Entroido
    20:30 Entrega de Premios

    MARTES 21 DE FEBREIRO

    18:30 Recepción de Comparsas na Alameda de Raxoi
    19:00 Pasarrúas das Comparsas
    19:30 Actuación das Comparsas na Praza Real

    MÉRCORES 22 DE FEBREIRO

    12:00 Velatorio do Finado. Entrega da Coroa de flores
    14:00 Xantar despedida dos parentes ó Entroido (na Praza Real)
    18:30 Lectura do testamento do Entroido
    20:00 Procesión co finado polas rúas do pobo. Prégase a asistencia do pobo
    20:30 Queima do finado na Praza do Mercado (Praza do Conde)


    Festa intermunicipal de maiores de antroido


    IV PLENO INFANTIL CONCELLO DE PONTEDEUME

    Dende a experiencia, a traxectoria e o traballo realizado nas edicións anteriores a Concellería de Benestar Social invita novamente aos centros escolares da vila a participar na IV edición do Pleno Infantil. Este novo encontro do alumnado de primaria posibilita, mediante a utilización dunha metodoloxía de participación activa das nenas e os nenos, o establecemento dun espazo de intercambio e debate sobre a vida municipal. Espazo que se entende como verdadeiro instrumento e motor de promoción social, igualdade de oportunidades e desenvolvemento na formación das e dos participantes para camiñar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

    Como administración máis próxima aos cidadáns coñecemos o importante papel que xogamos na planificación, organización e, posta en marcha, de accións encamiñadas a favorecer o establecemento desa sociedade. Este feito obríganos, dende a esfera do dereito e a ética, a impulsar accións, como a que hoxe nos ocupa, para fomentar e favorecer nas novas xeracións estratexias para a participación democrática.

    A esta máxima responde a presente proposta didáctica ofertada a todos os centros escolares de ensino de primaria da nosa vila: IV Pleno Infantil Concello de Pontedeume.

    Este proxecto está incluído dentro do Programa marco de Educación en Valores e responde a necesidade de potenciar ditas actitudes de participación democrática entre as nenas e os nenos, así como, darlles a coñecer como funciona o Concello e, polo tanto, que entendan tamén as cousas que acontecen no seu entorno máis próximo.

    Este encontro terá lugar o vindeiro día 10 de febreiro a partir das 11:00 no salón de actos da Casa da cultura


    Cursos Lingua Galega

    Cursos Lingua Galega

    Baixar pdf


    Cabalgata Reis Magos 2012


    Actividades Nadal 2011

    Baixar pdf


    CABALGATA DE REIS 2012

    Un ano máis a ilusión inundará as rúas de Pontedeume coa chegada a nosa Vila das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e o seu séquito procedente de todo o Universo.

    Dende esta páxina queremos animarte non só a contemplar o espectáculo tamén a participar.Todas aquelas persoas maiores ou nenas e nenos ( que a 1 de xaneiro teñan cumpridos os cinco anos) interesad@s en participar e colaborar na cabalgata poden achegarse ata o departamento de servizos sociais do Concello ou asistir a reunión informativa que terá lugar o vindeiro sábado día 17 de decembro no Centro Municipal de Maiores.


    Presentación del libro de Carlos de Castro


    NADAL PARA TODAS/0S 2011

    Con motivo da celebración das próximas festas de Nadal, o Concello de Pontedeume convoca o programa "Nadal para todas/os 2011", dirixido a familias con baixos recursos económicos que estean empadroadas no Concello.

    Cada familia beneficiaria recibirá unha cesta de nadal.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 de decembro de 2011.

    Para realizar calquera consulta ou presentar a solicitude podes dirixirte ós servizos sociais do Concello de Pontedeume. Tfno.: 981 43 32 88


    PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCION DA VIOLENCIA DE XÉNERO: QUE O MEDO NON CHE IMPIDA VER OUTRO FUTURO

    Continuando co traballo de sensibilización en materia de violencia de xénero e, concretamente, coa campaña posta en marcha o pasado 25 de novembro sobre a violencia de xénero no noivado dende a Concellería de Benestar Social o Concello de Pontedeume vai colaborar cos IES da vila (IES Breamo e IES Fraga do Eume) na presentación do Proxecto "No solo duelen los golpes". Esta proposta implica un posicionamento ante a violencia machista vivida nas relacións de parella mediante a utilización de recursos como: unha exposición fotográfica, charla informativa, intercambio de experiencias…Esta actividade desenvolverase o venres día 9 en ambos centros.


    Bando


    Relatos Breves pola Igualdade

    Máis Información


    Axudas destinadas á adquisición de material escolar.

    Ábrese o prazo para a solicitude das axudas destinadas á adquisición de material escolar para familias con escasos recursos económicos, para o curso escolar 2011-2012.

    A data de solicitude será do 26 de novembro ao 15 de decembro, ambos os dous incluídos.

    As solicitudes poden recollerse no rexistro xeral do Concello de Pontedeume ou no departamento de Servizos Sociais. A entrega destas e da documentación faráse no rexistro xeral do concello.

    Solicitude


    CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES CONCELLO DE PONTEDEUME

    Dentro do programa de actividades ludico-recreativas e terapeutico-ocupacionais que se levan a cabo ao longo do ano no Centro Municipal de Maiores dirixido a este colectivo de poboación para o vindeiro mes de decembro esta prevista a realización da tradicional Comida Intermunicipal de Maiores que se realiza conxuntamente co Concello de Cabanas. Esta Festa realizarase o vindeiro día 16.

    Todas as persoas interesadas en informarse sobre esta proposta ou anotarse poden facelo pasando polo Centro Municipal de Maiores en horario de mañá e tarde de luns a domingo.


    ArtXove

    Bases de ArtXove


    ENVELLECEMENTO ACTIVO: SAÚDE AFECTIVO SEXUAL A PARTIR DOS 50

    Organizado polo concello de Pontedeume en colaboración co Servizo Galego de Saúde, S.X Desenvolvemento e Seguridade Asistencial o Centro Municipal de Maiores acollerá o vindeiro martes 29 un seminario de formación sobre envellecemento activo de 16:30 a 20:30 h.. O obxectivo do mesmo é concienciar e informar á poboación en xeral sobre a importancia de practicar hábitos de vida saudables para manter sendo activ@s social, física e mentalmente e mellorar a súa calidade de vida contribuíndo á prevención de enfermidades.

    Os contidos xerais que se abordarán son: saúde afectivo sexual a partir dos 50; papel dos hábitos de saúde sexual na poboación e na prevención da enfermidade. Recomendación para un sexo saudable; sexualidade na poboación adulta-anciá; video-forum "O sentido do sexo"; a sexualidade dende a perspectiva do xénero, obradoiro de abrazoterapía; diferenciación de roles, comunicación, ocio e redes sociais.

    Todas as persoas interesadas poden inscribirse na páxina www.sergas.es/escolasaude (no apartado actividades) ou no Departamento de Benestar social do concello.

    As persoas participantes recibirán un certificado expedido polo Servizo Galego de Saúde


    ACTO DO DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2011-DIA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

    O Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero é un día para a reflexión na que se fai un chamamento público á cidadanía có obxectivo de sensibilizar e concienciar a todos e todas sobre a grave problemática social que a violencia de xénero implica.

    Nesta data 25 de novembro conmemorase o asasinato das irmas Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía segada do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana. En 1999 a ONU deu carácter oficial a esta data.

    O Concello de Pontedeume dende fai anos conmemora a mesma mediante a realización de distintos actos cós que pretende achegar á comunidade eumesa cara unha sociedade máis equitativa e igualitaria e denunciar todo tipo de inxustiza derivada da violencia de xénero .

    O s actos previstos para o vindeiro venres 25 de novembro son:
    • Ás 12:00 h. darase lectura pública ao manifesto de repulsa e denuncia contra a violencia de xénero na praza Real. Faise un chamamento público á participación da comunidade eumesa por que a violencia de xénero podémola considerar un problema social, como tal é toda a sociedade a que debe implicarse nesta loita.
    • Ás 12:30 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura farase entrega do Premio IV Certame de relatos breves pola Igualdade.
    • A campaña de sensibilización Que o medo non che impida ver outro futuro centrarase nas relacións de violencia no noivado : os empuxóns, insultos, labazadas, burlas,etc. Preséntanse máis do que pensamos entre os mozos e mozas, ainda que en xeral pasan desapercibidos pois interprétanse como xogos ou expresión de afecto. É a repetición deste tipo de comportamentos o que caracterizan una relación como violenta. O obxectivo do tríptico informativo é eminentemente preventivo e informativo sobre os síntomas ou situacións de risco que poden confundir o amor coa posesión.

    Bases díptico


    Cine Woody Allen


    Novembro Fotográfico

    Fotógrafo :Luis Polo
    Título: 6 Juin 1944
    8ª edición do Novembro Fotográfico en Pontedeume
    Do 3 ó 14 de Novembro
    De luns a domingo de 18 h. a 20,30 h.
    Na Casa da Cultura de Pontedeume


    TALLERES MUNICIPAIS CURSO 2011-2012 – CONCELLO DE PONTEDEUME

    Os talleres municipais nacen como espazos de ocio activo e ocupación lúdico-formativa do tempo libre. Espazos para a iniciación, o descubrimento o achegamento e o encontro das e dos participantes con diferentes manifestacións e técnicas artísticas. Sendo seu obxectivo xeral o de favorecer a formación, convivencia e o intercambio de experiencias para as que non son necesarias capacidades ou coñecementos previos.

    Este é o sentido fundamental que marca o presente programa 2011-2012 có desexo e a ilusión de captar o interese das e dos participantes.

    O vindeiro día 17 de outubro abrirase o prazo de inscrición nos Talleres Municipais curso 2011-2012

    Na presente edición as disciplinas ofertadas son:
    • Todo labores
    • Bailes de Salón
    • Pintura
    • Ioga
    • Multitaller de manualidades
    • Corte e Confección.

    Todas as persoas interesadas en informarse e inscribirse nos mesmos poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais entre os dias 17 e 27 de outubro en horario de mañá. No caso de que as solicitudes de participación sexan maiores que o número de prazas ofertadas farase un sorteo público para a súa adxudicación.


    CARTEL PLANET CLUB OUTONO 2011


    Formación e emprego do Concello de Pontedeume infórmase que está aberto o prazo para solicitar os seguintes cursos nas aulas CEMIT

    Dende a concellería de Formación e emprego do Concello de Pontedeume infórmase que está aberto o prazo para solicitar os seguintes cursos nas aulas CEMIT i que Pontedeume dispón dunha destas aulas.

    -Creación de webs para dispositivos móbiles:Inscricións: ata o 10 de outubro de 2011
    Comezo da actividade : 24 de outubro de 2011
    -Streaming de audio e vídeo:Inscricións: ata o 7 de novembro de 2011
    Comezo da actividade: 21 de novembro de 2011

    Para a celebración da actividade, cada aula CeMIT deberá contar cun mínimo de cinco persoas.

    De non ser así, os interesados poderán asistir á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.

    Quédanche dúbidas? Consúltanos!
    Enderezo: r/ Hórreo 61, 2º andar. CP: 15701. Santiago de Compostela
    Telf: 902 222 321
    Correo: formacion-cemit@xunta.es
    Web-site: http://cemit.xunta.es

    Pódese preguntar, tamén, en FOREMDES de forma presencial ou tamén chamando ao teléfono 607537599.

    Andrés Pérez Pérez:Concelleiro de Formación e Emprego

    Bajar díptico video

    Bajar díptico móbil


    Listado de selección dun posto de traballo para a realiziación de accións de información orientación e busca de emprego.

    Bajar bases


    CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES PROGRAMA DE FORMACIÓN EN MATERIA DE SAÚDE E BENESTAR

    Dende o Centro Municipal de Maiores ponse en marcha esta proposta coa que se pretende orientar ás persoas participantes para:ter unha alimentación máis saudable, crear hábitos alimenticios e mellorar o seu estado de saúde. Por outra parte, pretendese contribuir á promoción da autonomía e a prevención da dependencia e, como non, o fomento da participación.

    Consiste nunha serie de charlas informativas no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores abertas a todo o público en xeral. As propostas para o mes de outubro son:

    • Alimentación e nutrición: a base dunha boa saúde. Luns 3 ás 16:30h. colabora SOCISER, sociedade e servizos.

    • Envellecemento activo e saudable. Martes 11 ás 16:30h.

    • Plan maior seguridade: medidas de prevención contra roubos, timos,etc. Martes 18 ás 18:30h.Colabora persoal da área de formación da Garda Civil

    • Unha aproximación ao alzhéimer. O valor da prevención. Martes 25 ás 17:00 h. Colabora AFAL Ferrolterra (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer)


    Teatro de animación " Hippies Despistados " na Romaria de Breamo setembro 2011

    Outro ano máis dende os Servizos Sociais do Concello de Pontedeume traballamos en prol de sensibilizar aos romeiros ( poboación en xeral e mocidade en particular ) que participan na festa de Breamo da posibilidae de combinar diversión e conductas cívicas ; A compañía teartral Dínamo- Teatro realizará diversas intervencións ao longo de todo o día festivo; tanto na Vila coma na subida e no monte Breamo. Dun xeito lúdico animarán a todas as persoas que suban a Breamo a que manteñan comportamentos cívicos , responsables coa saúde, co medio ambiente e co resto das persoas: O noso lema sigue sendo En Breamo Xoga Limpo , teñamos a Festa en Paz "


    23-09-2011 DIA INTERNACIONAL CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL E A TRATA DE PERSOAS

    O Concello de Pontedeume por terceiro ano consecutivo sumase a denuncia dunha realidade tan cercana e invisible á vez como é a prostitución, considerandoa unha das manifestacións máis crueis da violencia de xénero8

    Mediante a campaña de sensibilización social NON ME VENDO, NON ME VENDAS, dirixida aos distintos colectivos de poboación estamos a facer un chamamento de denuncia e repulsa cara a comprometernos activamente na erradicación de todo tipo de violencia.

    A difusión do material da dita campaña realizarase do 26 de setembro ao 15 de outubro



    Bases selección dun traballador/a para a realización de funcions de información, orientación e busca de emprego.

    Bajar bases


    Remataron As Peras 2011.

    Remataron "As Peras 2011" e é o momento das análises. A nosa conclusión é que só podemos agradecer ás/aos eumesas/es o que sucedeu estes días en Pontedeume. Grazas á Policía Local e Protección Civil por estaren ao pé do canón en todo momento. Grazas a quen dende as distintas asociacións culturais ofrecestes a vosa arte para engrandecer o pobo. Grazas a todos os clubs deportivos que, malia os escasos medios cos que contades, un ano máis destes todo. Grazas a quen bailades os Mómaros porque conseguides, ano tras ano, emocionarnos. Grazas aos Cabezudos e ás súas nais e aos seus pais, porque convosco as festas son imperecedoiras. Grazas ás gaiteiras e gaiteiros, porque acompañastes os nosos personaxes máis queridos, porque as vosas innovacións fan que o entusiasmo non decaia. Grazas a quen enfeita os Mómaros, sen ti a emoción e os nervios non serían os mesmos.

    Máis Información


    Programación As Festas das Peras 2011

    7 setembro
    09:00 Alborada e foguetes
    12:00 Saida Momaros e cabezudos cos
    gaiteiros
    19:00 Ofrenda floral á Virxen das Virtudes
    20:30 Pregón
    ...

    Máis Información


    ACTIVIDADES E HORARIOS DAS E.D.M. DE INVERNO 2011-12 :

    -XOGOS MULTIDEPORTIVOS : 1 GRUPO
    - Maiores de 4 anos : nados no 2007 ou antes
    - Mércores-venres de 16 a 17 horas.
    - COCUEIRO FREIJOMIL
    - Prezo : 8 €/mes

    Máis Información


    As Festas das Peras 2011

    Ya está el blog como todos los años de As Festas das Peras la programación de este año

    Pinchar enlace

    PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES CURSO 2011/2012

    O vindeiro día 25 de agosto ás 19:30h. farase a presentación do programa de actividades que realizaranse no Centro Municipal de Maiores durante o próximo curso 2011/2012, todas as persoas interesadas en informarse quedan invitadas a dito acto. O presente programa nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida das e dos maiores e promocionar a saúde deste colectivo a través da participación social nas distintas propostas presentadas neste programa.

    Bajar actividades


    Fútbol sala en la Casqueira


    CONCERTOS DE MÚSICA CLÁSICA

    DO 15 Ó 19 DE AGOSTO

    Do 11 ó 20 de agosto, desenvólvese o "III Curso Internacional de Música de Pontedeume". Este curso está dirixido a xóvenes músicos maiores de idade de toda procedencia, que remataran os seus estudios superiores en España (ou teñan unha titulación equivalente de calquer outro país), ou coma mínimo se encontren cursando o último curso de Enseñanza Superior; tamén para xóvenes profesionais que se atopen preparando oposicións e audicións de orquesta, ou grupos de cámara xa formados.

    Día: Luns 15 (Actuación dos Profesores do III Curso Internacional de Música de Pontedeume)
    Lugar: Igrexa Grande
    Hora: 21:00
    Entrada Libre

    Día: Martes 16 (Actuación dos alumnos do III Curso Internacional de Música de Pontedeume)
    Lugar: Iglesia Virutudes
    Hora: 20:30
    Entrada Libre

    Día: Mércores 17, (Actuación dos alumnos do III Curso Internacional de Música de Pontedeume)
    Lugar: Ies Fragas
    Hora: 20:30
    Entrada Libre

    Día: Xoves 18, (Actuación dos alumnos do III Curso Internacional de Música de Pontedeume)
    Lugar: Ies Fragas
    Hora: 20:30
    Entrada Libre

    Día: Venres 19(Actuación de profesores y Alumos del Curso de Música de Pontedeume)
    Lugar: Atrio da Igrexa Grande ( Igrexa Parroquial)
    Hora: 21:00
    Entrada Libre


    Actividades mes de agosto

    Actvidades del 1 al 5 de agosto

    Actvidades del 6 al 11 de agosto

    Actvidades del 11 al 17 de agosto

    Actvidades del 18 al 24 de agosto

    Actvidades del 25 al 31 de agosto


    PRESENTACIÓN DEL LIBRO GUÍA DE LUGARES INEXISTENTES de José María Paz Gago

    INTERVENDRÁN:

  • D.Gabriel Torrente, Alcalde de Pontedeume
  • Don César Antonio Molina, exMinistro de Cultura y director general de Casa del Lector
  • Doña Ascensión de Vicente, concelleira delegada de Cultura del Concello de Pontedeume
  • Doña Gema Veiga, periodista
  • Don Arturo Franco Taboada, arquitecto y escritor que acompañarán al autor del Libro
  • FECHA: MIÉRCOLES, 10 DE AGOSTRO DE 2011

    LUGAR: CASA DA CULTURA (Convento) A LAS 20:30 H.


    Dia Internacional de Danza


    TORNEO DE TENIS ABERTO 2011 CONCELLO DE PONTEDEUME

    Dende o 27 de xullo ata o vindeiro día 11 do mes de agosto , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 8º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello .

    O torneo dividirase en 3 categorías :

    Máis Información


    ESTE VERÁN SALVA VIDAS. O TEU SANGUE É VIDA COMPÁRTEA

    O Concello de Pontedeume e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación das veciñas e veciños nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. No verán do pasado ano 2010 a campaña informátiva sobre doazón permitiu acadar 29.807 doazóns nos meses de xullo a setembro.

    Máis Información


    Escolas Deportivas Municipais Veran 2011


    PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

    O Concello de Pontedeume en colaboración coa Excma. Deputación Provincial da Coruña vai impulsar dentro das accións encamiñadas á dinamización social do colectivo de maiores o Programa de Envellecemento Activo: I Foro de Maiores “Viñamos falando”. O obxectivo desta acción é favorecer que as persoas maiores poidan participar, opinar e aportar experiencias cara a establecer un espazo no que conflúan diversión, conversas e hábitos saudables. Todas as persoas interesadas en participar poden informarse no Departamento de Servizos Sociais municipais en horario de mañá ou no Centro Municipal de Maiores en horario de mañá e tarde.


    CLAUSURA ACTIVIDADES CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES

    O vindeiro día 17 de xuño ás 19:00 h.celebrarase o acto de clausura das actividades 2010-2011 do Centro Municipal de Maiores coa realización dun concerto según o seguinte programa:

    • CORO THE TEENAGERS DO I.E.S. FRAGA DO EUME.
    CUENTAME
    HIJO DE LA LUNA
    HAPPY ENDING

    • CORO CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES
    YO QUIERO SER MARINERO
    MAMITAY
    CAMINITO
    CANCION MIXTECA

    Ao finalizar o concerto os dous coros cantaran o HALLELUJAN de Leonard Cohen


    Acción Fomativa dirixida prioritariamente a desempregados, de "Electricista de Mantemento"

    Bases Electricista de Mantemento


    "SAIMOS XUNT@S" – CONCELLO DE PONTEDEUME VIAXE CULTURAL ÁS MEDULAS

    Dende o Programa de intervención e dinamización do colectivo de maiores estase a impulsar unha serie de viaxes culturais que baixo o título saimos xunt@s responde a un dobre obxectivo: Por unha parte,descubrir lugares próximos e de interese paisaxistico e natural así como entreter e posibilitar espazos de convivencia para dito colectivo. A última viaxe deste programa para a presente tempada realizarase os días 6 e 7 achegaremonos a coñecer as Médulas (León). Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades poden informarse e inscribirse no CentroMunicipal de Maiores en horario de mañá e tarde ou no departamento de Servizos Sociais tamén en horario de mañá.


    Día da Muiñeira 2.011


    Día do Deporte na Rúa


    CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Có obxecto de procurar a integración social de rapazas e rapaces con discapacidade abrese o prazo para a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo organizados pola Xunta de Galicia a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.

    Requisitos de acceso:

    • Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33%.

    • Ter unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada un dos destinos e quendas, que figuran no folleto informativo.

    • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.

    Todas as persoas interesadas en informarse ou recoller a solicitude poden facelo no departamento de Servizos sociais municipais sito no edificio do Xulgado no Peirao.


    Letras Galegas 2011


    Obradoiro para pais e nais.Uso seguro das redes sociais e internet.

    Día: mércores 18 e xoves 19 de maio.grupo 1 16:30-18:30 | grupo 2 19:00-21:00 Prazas limitadas.

    +info: e inscricións : 981 433 288. servizossociaispontedeume@yahoo.es

    Lugar: Aula de informática (Foremdes) Avda. Ricardo Sánchez, 6. Pontedeume

    Organiza: Concello de Pontedeume - Servizos Sociais.

    Subvencionado por: Consellería de Sanidade- Servizo de drogodependencias e trastornos aditivos


    Aberto o prazo solicitude de praza EIM "Chalé_Rosa"

    O prazo de presentación de solicitudes dende o 2 ó 31 de maio de 2011

    Máis información no departamento de Servicios Sociais

    Solicitude


    Maios 2011


    VIAXE CULTURAL AS COVAS DE VALPORQUERO

    Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume o Centro Municipal de Maiores organiza unha viaxe cultural para descubrir as Covas de Valporquero, unha maravilla da natureza. Sitas ao norte da provincia de León en Valporquero de Torio (Concello de Vegacervera), están consideradas como as máis grandes de España. Esta actividade terá lugar os dias 2 e 3 de maio. Todos os interesados en informarse e participar poden facelo no dito Centro de Maiores ou no Departamento municipal de Servizos Sociais.


    Día del LIbro


    CAMPAÑA CRECENDO EN IGUALDADE: SESIÓN DE CINE-FORUM

    Continuando có programa de actividades organizado dende a Concelleria de Servizos sociais na área de Igualdade e, englobada dentro da Campaña CRECENDO EN IGUALDADE que o Concello de Pontedeume impulsa entorno ao día 8 de marzo, o venres día 1 de abril terá lugar a proxección da película "LA DUQUESA"de Saul Dibb. O obxectivo deste nini ciclo de cine-forum pola igualdade é o de utilizar o cine como via para concienciar á comunidade en xeral sobre a necesidade da igualdade entre ambos xéneros e a autonomia da muller. A cita terá lugar ás 19:30 na casa da Cultura con entrada libre e gratuita. Tras a proxección da película con tod@s @s asistentes interesadas realizarase un análise da mesma dende a perspectiva de xénero.


    IX PREMIO PONTEDEUME EN FEMININO-CONCELLO DE PONTEDEUME

    Recoñecer, estimular e difundir públicamente as actuacións daquelas eumesas cuxo labor en calquera área da vida: económica, cultural, política, educativa,etc favoreza:

    • A denuncia de situacións de discriminación por razón de sexo
    • O exercicio da súa labor profesional nas áreas onde a muller teña unha baixa representación.
    • Fomento do asociacionismo e o impulso cara a participación.
    • Enriquecemento cultural da Vila

    Son os obxectivos do Premio Pontedeume en feminino. Na presente edición e por noveno ano consecutivo o Concello de Pontedeume vístese de gala para facer unha merecida homenaxe a todas as mulleres eumesas personificándoo nalgunhas delas, a proposta de distintas asociacións e entidades da vila. Este acto previsto nun principio para o venres día 11 terá lugar o domingo 13 de marzo ás 12:30 h. na casa da Cultura.


    ACTA VALORACIÓN MERITOS FASE CONCURSO PARA A PROVISIÓN INTERINA POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO PARA O SERVICIO DE SECRETARIA DO CONCELLO DE PONTEDEUME

    Consultar documento


    Manifiesto Ferrocarril

    Organigrama


    ENTROIDO 2011

    PROGRAMA

    Venres día 4 de Marzo
    11:00 Gaiteiros
    12:00 Pasarrúas dos nenos
    12:15 Actuación dos nenos na Praza Real

    Sábado día 5 de Marzo
    11:00 Gaiteiros polas rúas do pobo
    19:00 "Actuación da Charanga ""Los Celtas"""

    Domingo día 6 de Marzo
    19:00 "Actuación da Charanga ""Recobio"""

    Luns día 7 de Marzo
    18:00 Festa Infantil
    20:00 Concurso de disfraces infantil
    20:00 "Actuación da Charanga ""Ruada"""
    20:30 Entrega de Premios e Degustación Gratuita de dulces
    típicos do Entroido

    Martes día 8 de Marzo
    19:00 Pasarrúas das Comparsas
    20:30 Actuación das Comparsas.

    Mércores día 9 de Marzo
    12:00 Velatorio do Finado
    14:00 Comida dos parentes
    18:00 Lectura do Testamento
    20:00 Procesión co finado
    20:30 Queima do finado


    Probas para a obtención do Celga en 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no DOG do 10 de febreiro de 2011 a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2011. En Galiza haberá unha única convocatoria no mes de xuño

    DATAS DOS EXAMES

    Convocatoria de xuño (exames en Galiza, España e Europa)
    -Celga 1: 26 de xuño
    -Celga 2: 19 de xuño
    -Celga 3: 25 de xuño
    -Celga 4: 18 de xuño

    Convocatoria de outubro (só para América)
    -Celga 1: 7 de outubro
    -Celga 2: 6 de outubro
    -Celga 3: 7 de outubro
    -Celga 4: 6 de outubro

    PRAZO DE INSCRICIÓN

    -Convocatoria de xuño (exames en Galiza, España e Europa): até o 29 de abril

    -Convocatoria de outubro (América): até o 30 de xuño


    Programa da Xunta de Galicia de termalismo 2011 para a mocidade: NOITES SAUDABLES PARA A MOCIDADE

    Programa termalismo


    III PLENO INFANTIL DO CONCELLO DE PONTEDEUME

    O Concello de Pontedeume é consciente de que a participación democrática é unha actitude básica para a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Como administración máis próxima aos cidadáns xogamos un importante papel na planificación, organización e, posta en marcha, de accións encamiñadas a favorecer dita participación. A esta máxima responde a presente proposta didáctica ofertada a todos os centros escolares de ensino de primaria da Vila o III Pleno Infantil Concello de Pontedeume

    Esta actividade ten como obxectivo xeral a educación do alumnado en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordancia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.. Dito acto terá lugar o día 18 de febreiro ás 11:00 h. na Casa da Cultura.

    Preténdese que nel as nenas e nenos da nosa vila deixen constancia dos seus desexos para conseguir un mundo mellor, máis xusto e máis humano mediante a posta de manifesto dos asuntos que lles preocupan e as posibles solucións que ditas problemáticas poden ter.Traballaranse estes temas nas aulas na forma e modo que o profesorado concrete para facer, posteriormente, unha posta en común polos representantes de cada un dos centros.


    Axuda por fillo

    Aberto o prazo de solicitude de prestación económica de pagamento único por filla/o menor de tres anos, 2011.

    Prazo de presentación do 16 de febreiro ao 27 de marzo do 2011.

    Máis información no departamento de servizos sociais ou chamando o número de teléfono 981 433 288


    Achégate ao Planet

    A partir do 12 de febreiro

    Todos os sábados de 18 a 22h

    Mozos e mnozas de 12 a 18 años

    Casa da Xuventude de Pontedeume


    CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARAS AS PROBAS DOS NIVEIS CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia vén de anunciar a convocatoria pública para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 do ano 2011 para particulares e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.

    Máis Información


    Curso de defensa persoal

    Continuando có programa de formación e información en materia de seguridade dirixido ao colectivo das persoas maiores da nosa vila iniciado no pasado mes de novembro, o Centro Municipal de Maiores acolle unha sesión de formación básica en materia de defensa persoal organizada pola concelleria de servizos sociais deste Concello.

    O Obxectivo desta acción é o de dotar as e os participantes dunhas estratéxias básicas para a defensa da súa persoa no caso de sufrir algun ataque, roubo….

    Todas as persoas interesadas en participar ou informarse poden inscribirse ata o vindeiro día 11 de febreiro en dito centro


    Atrapado na torre, espectáculo de maxia

    Actividade enmarcada na campaña de dinamización lingüística BOCABERTA que está a desenvolver a Xunta nos concellos galegos.

    A Xunta de Galicia e a Editorial Everest desenvolveran en Pontedeume a actividade Atrapado na Torre, onde a maxia achegará a nenos e nenas aos contos é á lectura en galego fóra da escola.

    Atrapado na Torre é un espectáculo de dinamización da lingua creado a través da imaxinación, creatividade, e baseado na maxia que se pode desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos, o mago tentará descubrirlle aos nenos e nenas a ilusión fantasía e a maxia agochada nos libros e nos contos, con historias máxicas baseadas no libro do mesmo nome que a actividade.

    Neste acto faráselle entrega aos nenos e nenas asistentes dun exemplar do libro no que se basea a actividade: Atrapado na Torre.

    Lugar: Centro Municipal de Maiores de Pontedeume
    Día: sábado 15 de xaneiro
    Hora: 18.00 h.
    Recomendado para nen@s a partir de 8 anos


    ACTIVIDADES NADAL 2010

    Actividades de Nadal programadas dende a concelleria de servizos sociais.

    Máis Información


    ACTIVIDADES NADAL 2010

    Actividades de Nadal

    Máis Información


    PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010

    Como todos os anos por estas datas, o SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume ofertará para todos os interesados un amplio abanico de actividades deportivas que se desenvolverán no período vacacional do Nadal.

    Máis Información


    CABALGATA DE REIS 2011

    Dende a Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro do 2011, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento:

    Convidamos a tod@s @s interesad@s en participar na CABALGATA DE REIS 2011 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 18 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores


    II TORNEO DE XADREZ " FRANCISCO ALLEGUE "

    Durantes os días 4-5 e 6 de presente mes de decembro, desputarase no interior das instalacións do Hotel Eumesa de Pontedeume o II TORNEO DE XADREZ " FRANCISCO ALLEGUE " organizado polo concello de Pontedeume.

    Máis Información


    ArtXove 2011

    Bases ArtXove 2011


    Celebración da Dia Mundial da Sida . 1 de decembro

    O Concello de Pontedeume sumase á celebración da Dia Mundial da Sida o 1 de decembro con diversas actividades de sensibilización nun dia tan importante ;

    Por medio do teatro faremos unha campaña de sensibilización dirixida aá poboación en xeral e ao alumnado dos IES en particular ; en clave cómica e interactuando co alumnado farase reparto de material publicitario co obxectivo de achegar a importancia da prevención ao alumnado;

    O noso principal obxectivo é sensibilizar á poboación xuvenil sobre a importancia da prevención do VIH/SIDA e da normalización do uso do preservativo .


    Día Internacional de loita Contra a Violencia de Xénero

    O manifesto que se leera o 25 de novembro Día Internacional de loita Contra a Violencia de Xénero na Praza Real ás 12:00 h.

    Leer Manifesto


    PROGRAMA DE VACACIÓNS EN PAZ 2011-ACOLLEMENTO A MENORES SAHARAUIS

    QUE É?

    Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán.

    Máis Información


    Programa de viaxes e Taller de arranxos florais

    En Pontedeume, o 4 de novembro de dous mil dez, sendo as 11:30 horas reúnense, baixo Dende o Centro de Maiores informase da posta en marcha de dous novos proxectos:

    Taller de arranxos florais: 26 de novembro e 3,10 de decembro de 16:00 a 18:30h.
    -Programa de viaxes 2010-2011 "Saimos xunt@s".

    Tod@s @s interesad@s poden formalizar a inscrición en dito Centro Municipal de 10:00 a 12:00 h

    Saímos Xuntos

    Talleres florais


    Presentación do libro "Asalto al cielo" do poeta Salvador Mira

    o venres 12 de novembro ás 20, 30 h. na Casa da Cultura de Pontedeume. Proxectarase o vídeo-creación de Fernando Pérez sobre tres poemas do libro.


    Novembro fotográfico

    Exposición retrospectiva de 15 anos de fotoperiodismo na comarca de ferrolterra, imaxes que falan de dignidade e de loita diaria, titulada "Quince outonos" do fotográfo Carlos Carballeira.

    Estará do 16 ao 30 de novembro na Casa da Cultura de Pontedeume. Estará aberta de luns a venres de 18 a 20 h. e sábados e domingos de 12 a 14 h.


    XORNADAS DE BUSQUEDA ACTIVA DE EMPREGO – CONCELLO DE PONTEDEUME

    Cando falamos da procura activa de emprego, facemos referencia a unha serie de pasos, actitudes, conceptos e recursos que debemos manexar para lograr unha óptima inserción ou reinserción laboral. Estes aspectos abarcan, o autocoñecemento a nivel persoal e profesional, coñecer as demandas do mundo laboral, os recursos públicos da procura de emprego, saber como respostar a un anuncio en prensa, como introducir un currículo en internet, como afrontar una entrevista de traballo, como manterse motivado/a e non caer na frustración cando os resultados non son os desexados, analizar o perfil académico e profesional para poder completala e/ou reconducila, realizar unha axenda da procura de emprego e un longo etc. Que pode contribuír á consecución dun emprego.

    Por todo iso dende o Servizo de Orientacion Laboral do Area de Formacion, Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Pontedeume levanranse a cabo unhas xornadas sobre a Busqueda Activa de Emprego dirixidas á procura das capacidades básicas que permitan articular itinerarios activos e eficaces na procura de emprego

    DATAS: 10, 17, 24 de NOVEMBRO

    HORARIO: De 10 a 12:30 horas

    LUGAR: Aula do Edificio FOREMDES da Av. Ricardo Sanchez, nº 6 – Pontedeume

    INSCRIPCION: Ata completar aforo. No teléfono: 607 537 599 ou no Servizo de Orientación Laboral situado no 1º andar do Edificio FOREMDES


    Ordenanza axudas Material Escolar curso 2010-11

    Ordenanza axudas Material Escolar curso 2010-11

    Bajar Ordenanza


    SERVIZO DE ORIENTACION LABORAL

    O Concello pon en marcha o Servizo de Orientación Laboral que realizará actividades de información, orientación e procura de emprego.

    Está situado no primeiro andar do Edificio FOREMDES na Av Ricardo Sanchez, nº 6

    O contacto coa orientadora pode facerse a través do numero de teléfono 607 537 599, ou achegándose á súa oficina de luns a venres de 9 a 14 horas, excepto os mércores O Servizo de Orientación Laboral do Concello conta cun taboleiro informativo na planta baixa de devandito edificio onde se poderán consultar ofertas de emprego, bolsas de traballo, convocatorias de formación, etc

    No que se refire ao programa de orientación laboral e procura de emprego, estas accións realízanse de forma personalizada, coa finalidade de avaliar o perfil curricular de cada demandante, actuando ao mesmo tempo sobre as súas aptitudes e capacidades, e establecendo actuacións tendentes a adecuar os seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo.

    Tamén se desenvolverán accións colectivas, dirixidas á adquisición das capacidades básicas que lles permitan aos demandantes articular itinerarios activos e eficaces na procura de emprego.


    CHARLA-INFORMATIVA: PLAN MAIOR SEGURIDADE

    Charla informativa para mellorar a seguridade das persoas maiores có obxecto de: previr as principais ameazas que afectan á seguridade das persoas maiores como o maltrato nas súas diferentes vertentes, os roubos, os hurtos e a prevención das estafas.

    O acto terá lugar o vindeiro día 14 de outubro ás 18:30 h. no centro Municipal de Maiores nel colabora persoal do Plan Maior Seguridade do Ministerio do Interior


    Preescolar na casa -Educar en familia.

    Dende a Concellaria de Servizos Sociais do Concello de Popntedeume queremos informarvos de presentación `para o curso 2010 2011 do programa

    Máis Información


    Viaxe á Festa Gastrónomica do Grove

    Organizado dende a Concellería de Servizos Sociais o vindeiro día 10 de outubro realizarase unha viaxe a festa grastronómica que se celebra no Grove, tod@s @s interesad@s poden inscribirse no Centro Municipal de Maiores en horario de mañá de 10:00 a 12:00 h.


    ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2010-11

    Unha vez rematadas as actividades correspondentes ao período vacacional de verán,( do 1 de xullo ao 30 de agosto ) incluídas na oferta das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE VERÁN 2010,

    Máis Información


    BASES E BAREMO PARA A SELECCIÓN DUN MESTRE PARA A IMPARTICIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA EXPERIMENTAL

    Bases


    7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume "

    Dende o día 17 de agosto estase a desputar o 7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume " na pista polideportiva " Alcalde Sarmiento " deste municipio.

    O Torneo divídese en 3 categorías, segundo as idades dos participantes :

    -ALEVÍNS de 9 a 11 anos.
    -CADETES de 12 a 15 anos.
    -SENIORS, maiores de 15 anos.

    Os encontros se desputan por semana, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e dende as 17 horas ata o remate do último partido da xornada : polas mañás se xogarán os partidos das categorías ALEVÍN-CADETE e polas tardes os partidos de categoría SENIOR.

    Indicar que durante esas horas o uso da pista polideportiva será exclusivo para xogar os encontros do torneo. O resto de horas o uso da pista permanecerá aberto ao público.

    As rondas finais deste torneo se desputarán nas Festas das Peras.

    Dende o concello se valora de forma satisfactoria o acollemento que esta a ter este torneo, ano tras ano, xa que o índice de participación cada vez é máis elevado, que nesta edición alcanza o número de 53 xogadores entre as tres categorías.


    Xuntanza de maiores en Vilalba

    Mércores 25 de agosto de 2010

    10:00 Saida

    11:30 Actuación de grupos rexionais

    Misa cantada pola Coral “Luar”

    Sesión Vermú cos grupos do día

    14:00 h xantar no Restaurante “Terra Chá”.

    15:30 Gran baile

    20:00 h. Regreso

    INSCRICIÓNS: De 10:00 a 12:00h. No Centro Municipal de Maiores. Prezo 15 €

    ORGANIZA: CONCELLO DE PONTEDUME-CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES


    II TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS

    Onte comezou a desputarse o II TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS organizado polo concello de Pontedeume.

    Máis Información


    CURSO DE VERÁN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE PONTEDEUME

    O Concello de Pontedeume impulsa esta acción formativa na área de promoción da Igualdade entre mulleres e homes baixo o titulo:

    MULLER, CAMBIOS SOCIAIS E NOVOS MODELOS FAMILIARES: UNHA PERSPECTIVA XURÍDICA

    Durante os dias 2 e 3 de setembro do 2010 na Casa da Cultura

    Díptico veran


    ACTIVIDADES MES AGOSTO

    Programación Cultural do Concello de Pontedeume para o mes de agosto.

    Máis Información


    TORNEO DE TENIS ABERTO 2010 CONCELLO DE PONTEDEUME

    Dende o luns 2 de agosto ata o vindeiro día 13 do mesmo mes , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 7º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello .

    Máis Información


    Prazo inscrición actividades deportivas agosto 2010

    O concello de Pontedeume informa a todos os usuarios intersados que dende o día 19 ata o 26 de xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar en calquera das actividade deportivas programadas cara ao verán 2010, durante o mes de agosto .

    Recordar ao mesmo tempo que o número de prazas é limitado en cada actividade e que para que estas se leven a cabo, é imprescindible acadar un número mínimo de asistentes.

    Para maior información e inscrición deben dirixirse ao Servizo de Deportes do concello, sito no pavillón municipal de deportes A CASQUEIRA ou ben telefonear ao número 981433041-607614764


    Este verán salva vidas,comparte saúde,doa sangue

    Campaña de sensibilización en materia de doazón de sangue

    Curso Gurmendez 2010 Estudiantes


    RUEIR@S TV- CAMPAMENTO URBANO MUNICIPAL CONCELLO DE PONTEDEUME

    Despois do éxito acadado polo Campamento urbano "Rueiros 2009", O Concello de Pontedeume volve a apostar por unha nova edición. Neste caso a proposta que se presenta sigue na liña de ver a nosa vila como un recurso educativo máis no que os rapaces e rapazas interactúen con todo no que nela se vive.

    Máis Información


    Actividades mes de Julio

    Actividades mes de Julio do Departamento de Cultura do Concello de Pontedeume.

    Máis Información


    Curso Gurmendez 2010

    Curso Gurmendez 2010 Profesores

    Curso Gurmendez 2010 Estudiantes


    Maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME

    Durante os días 16-17-18 de xullo, coincidindo coas festas do Carmen en Pontedeume, desputarase nas instalacións do pavillón municipal de deportes de Pontedeume, " A CASQUEIRA " unha nova edición do maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME, organizado pola asociación xuvenil " Amigos do Eume " e patrocinado polo concello de Pontedeume.

    Máis Información


    CLAUSURA ACTIVIDADES DE MAIORES CURSO 2009-2010

    Celebrarase o día 28 de xuño ás 20:00 h. no Centro Municipal de Maiores coa actuación do grupo de teatro e o Coro de dito centro. Entrada libre


    Cátedra. Revista eumesa de estudios, moi pronto nesta web

    A partir do próximo mes de Setembro, a Revista Cátedra estará dispoñible no apartado de Cultura da web do Concello. Contará cun espazo propio dende o que se poderá acceder aos contidos das 17 revistas publicadas, a última, este mesmo mes de xuño.

    Todos os artigos estarán catalogados por índices e poderanse consultar on-line ou ser descargados en formato PDF de libro.

    A revista publícase cada ano, dende 1994, e recolle artigos de investigación dedicados á antropoloxia, o pensamento, a arte e a historia da bisbarra do eume. Escriben nela investigadores non só locais senón tamén doutras provincias galegas e do resto do estado español, e nas súas páxinas se veñen publicando os traballos galardoados co Premio de Investigación Etnográfica Concello de Pontedeume, dende que foi creado no ano 2004.


    Escolas Deportivas Municipais do Verán 2010

    O concello de Pontedeume informa que dende o día 15 ata ás 10 horas do día 29 deste presente mes de xuño e agosto, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas municipais de verán e nas diversas actividades deportivas programadas cara o vindeiro mes de agosto :

    Máis Información


    Bases selección cuadrilla limpeza de praias tempada verán ano 2010.

    Bases

    Solicitud


    III CONCURSO DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE

    Queda aberto o prazo da 3ª edición do Concurso de Relatos Breves pola Igualdade .Tod@s @s interesados en participar poden consultar as bases

    Bases


    Programación cultural do mes de xuño do Concello de Pontedeume.

    Programación do mes de Xuño do Departamento de Cultura do Concello de Pontedeume.

    Máis Información


    Clausuras das actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno 2009-10.

    O pasado 31 de maio rematou o curso 2009/10 das actividades ofertadas polo concello de Pontedeume dentro do programa das Escolas Deportivas Municipais de Inverno, cunha xornada de clausura en cada unha das escolas...

    Máis Información


    PRAZA MESTRE ELECTRICISTA

    Baremo, bases e instancia para cubrir a praza de mestre electricista -cursos fip-

    bases e instancia


    DEPORTE E IGUALDADE

    06-06-2010

    O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa...

    Máis Información


    PRAZA ORIENTADORA

    Baremo para a selección dun/ha traballador/a, para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego neste Ilmo. Concello de Pontedeume.

    bases e instancia


    ÁREA MAIORES

    O vindeiro venres 18 de xuño realizarase unha visita cultural a Santiago de Compostela (Visita ás Cubertas da Catedral) con xantar en Padrón. Nesta actividade de dinamización do colectivo de maiores poderán participar todas as persoas interesadas. Información e inscricións no Centro Municipal de Maiores todos os días de 10:00 a 12:00 h. ou no Departamento de Servizos Sociais.


    AREA DE IGUALDADE

    Está aberto o prazo ata o 11 de xuño para a solicitude de estadias de Tempo Libre para mulleres soas con cargas familiares non compartidas. Información e Inscricións no Departamento de Servizos Sociais.

    Baixar Pdf


    " VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES "

    Con estas xornadas preténdese achegar a todos os eumeses unha serie de xogos tradicionais que se practicaron durante moitos anos no noso entorno e que actualmente están algo en desuso.

    Máis Información


    CAMPAMENTOS DE VERÁN 2010 PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Queda aberto o prazo para inscribirse nos mesmos ata o vindeiro día 20 de maio

    Máis Información


    Campamentos deportivos e de fútbol organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña,e ofertados polo Concello de Pontedeume.

    O Servizo Municipal de Deportes informa de que o concello de Pontedeume foi incluido no plan de campamentos organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña cara ao verán 2010 e que participará no mesmo, encargándose de ofertar o número de prazas outorgadas pola Excma.Deputación Provincial de A Coruña

    Máis Información


    PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Ferrol – Santiago de Compostela (116 km) Por etapas de fin de semana (8-9-15-16 e 23 de Maio de 2010)

    Máis Información



    COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PRAZO DE NOVAS SOLICITUDES PARA O CURSO 2010-2011 NA ESCOLA INFANTIL CHALÉ ROSA

    Dende o 1 ao 31 de maio queda aberto o prazo para a solicitude de novas prazas

    Máis Información


    BENEFICIOS QUE APORTA O CERTIFICADO DE MINUSVALÍA OU/E INCAPACIDADE LABORAL

    O vindeiro día ás 18:00 h. no Centro Municipal de Maiores realizarase unha charla sobre dito tema organizada conjuntamente polo Concello de Pontedeume e COGAMI ( Confederación Galega de Minusválidos).

    Máis Información


    Noticia urxente

    Polo presente, informamos aos veciños de que o traslado das instalacións municipais (actualmente ubicadas de xeito provisional no edificio FOREMDES) á sede do Concello sito na r/ Real nº 13, estase a producir nestes momentos, por estaren xa rematadas as obras de acondicionamento. A partir do vindeiro luns día 3 de maio, para as xestións municipais, deberase acudir á Casa Consistorial na referida dirección de r/ Real nº 13.

    Gracias

    Perdonen as molestias


    CONVOCATORIA DE CATRO PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL TEMPORADA DE VERÁN.

    Bases

    Instancia


    PROGRAMA MAIOS 2010

    O próximo día 1 de maio terá lugar o Concurso de Maios 2010 de Pontedeume. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán apuntarse no Departamenteo de Cultura de luns a venres en horario de oficina, tamén o mismo día no Xardín de Lombardero.

    Máis Información


    PROGRAMA DE VACACIÓNS EN PAZ 2010-ACOLLEMENTO A MENORES SAHARAUIS

    Que é?

    Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán.

    Máis Información


    AREA DE IGUALDADE MUNICIPAL MOSTRA: ELAS ENSINAN

    Esta mostra do Servizo Galego de Igualdade pode visitarse entre o 16 e o 30 de abril no Centro Municipal de Maiores. Nela recollense as historias de vida de dezaoito mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, as que serviron de modelo profesional e vital.

    Bajar Pdf


    Cursos de Formación : Rede Xiana

    O Concello de Pontedeume foi seleccionado como sede dunha das Acccións Formativas 2010 do Proxecto Rede Xiana (Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade , Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego )

    Máis Información


    XIII Premio de Investigación Concello de Pontedeume

    Bases do Concurso


    Programa Semana Santa Pontedeume 2010.

    El día 18 marzo, ACTO FÚNEBRE Por los Cofrades fallecidos, a las 6 tarde. 20 - 26 de marzo SEPTENARIO DE LOS DOLORES a las 6,35 la Corona Dolorosa, a las 7 Santa MISA 26 marzo: FIESTA DE LOS DOLORES

    Máis Información


    Actividades desta SEMANA SANTA

    Como todos os anos durante os períodos vacacionais escolares, o concello de Pontedeume a través do seu Servizo de Deportes propón unha programación de actividades deportivas dirixidas aos rapac@s de todas as idades.

    O calendario de actividades desta SEMANA SANTA será a seguinte :

    Máis Información


    EUMEOLIMPIADAS ESCOLARES 2010

    Durante a presente semana, dende o luns 22 ata o xoves 25 de marzo, no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume, todas as mañás entre as 9,30 e as 13,30 horas, celebraranse unhas xornadas deportivas entre os escolares dos diferentes centros educativos ubicados no concello.

    Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos.

    Máis Información


    XX Concurso de Contos Vila de Pontedeume

    O concurso de contos está restrinxido a estudantes de Segundo Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.

    A lingua a empregar será o noso idioma. Os participantes concorrerán cunha única obra.

    Bases do Concurso

     


    IX Gala do Deporte Eumés

    O vindeiro 30 de decembro dos correntes, a partir das 19,30 horas no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume celebrarase a IX GALA DO DEPORTE EUMÉS, acto no que se rendirá homenaxe aos deportistas eumeses destacados nas diferentes modalidades deportivas, e ao considerado MELLOR DEPORTISTA EUMÉS dos anos 2008-2009.

    Máis Información


    Programa de actividades cara o NADAL 2009

    Como cada ano cando chegan os períodos vacacionais, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume oferta unha amplia e variada programación de actividades deportivas dirixidas a todos os rapaces da vila e aos visitantes.

    Máis Información


    Plan Xeral de Ordenación Municipal

    O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) esta exposto ó público no Concello de Pontedeume dende o 2 de decembro e durante tres meses, tras ser publicada a súa aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia.

    Máis Información


    Cabalgata de Reis 2010

    Dende a concelleria de Servicios Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Calbalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento:

    Convidamos a todos os interesados en participar na CABALGATA DE REIS 2010 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 19 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores.


    Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xenero

    25 DE NOVEMBRO DE 2009-11-19

    Dende o Programa de Intervención Social na Área da Muller dos Servizos Sociais Municipais   e dentro das liñas de actuación especificadas no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Pontedeume, propuxémonos varios obxectivos a acadar.  Concretamente, dentro do capítulo adicado a prevención  e tratamento da violencia de xénero é prioritario eliminar  calquera forma de violencia cara ás mulleres así como o uso da mesma como vía para a resolución dos conflitos.

    Máis Información


    15ª Mostra Art Xove 2010

    O concello de Pontedeume convoca a 15 Mostra Artxove, destinada ó  espallamento e potenciación das artes plásticas de acordo coas presentes bases (Descargar Díptico con bases):

    Descargar Díptico


    Colectivos en risco de exclusión da Transición a TDT

    O Concello de Pontedeume está colaborando coa Secretaría Xeral de Comunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio na divulgación da información das axudas previstas para colectivos en risco de exclusión que residan en municipios afectados pola Fase I ou a Fase II do Plan Nacional de Transición a TDT.

    Máis Información


    Liga de Tenis Veteranos

    Como ben sendo habitual por estas datas, dende hai 6 anos, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume está a organizaru nha Liga de Tenis de Veteranos, para maiores de 40 anos de idade.

    Máis Información


    Horario libre do Pavillón "A Casqueira"

    Unha vez postas en marchas as actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de inverno 2009/10 e distribuídos os horarios de uso do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " para que poidan adestrar as distintas categorías das entidades deportivas municipais federadas, así como xogar os partidos que lles marquen os calendarios das respectivas federacións , toda a actividade deportiva municipal queda distribuida polas diferentes instalacións deportivas tanto municipais como nas dalgúns dos centros escolares municipais que colaboran co concello de Pontedeume cedendo o uso das mesmas : IES Breamo, IES Fragas do Eume, Colexio Couceiro Freijomil.

    Máis Información


    Conmemoración do día Internacional de Loita Contraa Violencia de Xenero

    Baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” o Concello de Pontedeume, un ano máis, presenta a Campaña de sensibilización social  entorno ao día 25 de novembro.

    Somos conscentes da grande complexidade desta problemática e, polo tanto, da complexidade que requiren as súas solucións, que pasan pola adopción e aplicación de todo un conxunto de medidas xudiciais, sociais, sanitarias e policiais cara a lograr a súa erradicación. Pero tamén, somos conscentes como administración máis próxima ao cidadán que temos a obriga de favorecer mediante distintas estratexias a loita contra a violencia ás mulleres...

    Máis Información


    Licitación de obras financiadas con cargo ao FEIL

    Mellora da rede de saneamento na parroquia de Ombre
    Mellora de redes eléctricas e de saneamento no polígono industrial de Vidreiro
    Reforma da Escola de Música de Pontedeume
    Reforma da Casa da Cultura de Pontedeume

    PROCEDEMENTEO: ABERTO
    Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, a contar dende o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

    Data de publicación na Plataforma de Contratación 13-03-2009
    Fecha publicación: BOP: 13-03-2009
    DOGA:  16-03-2009

    (Máis información no perfil do contratante)

    Proxectos:
    Mellora da rede de saneamento na parroquia de Ombre
    Mellora de redes eléctricas e de saneamento no polígono industrial de Vidreiro
    Reforma da Escola de Música de Pontedeume
    Reforma da Casa da Cultura de Pontedeume


    XII Premio de Investigación Concello de Pontedeume. (Ata o 21 de Xuño)

    Premio de investigación Local Concello de Pontedeume
    Convocado desde o ano 1998. O tema de investigación versará sobre aspectos etnográficos de Pontedeume e a súa Comarca. O traballo premiado publícase na resvista Cátedra. O premio ten dotación económica.

    Máis Información


    CQpro.com